(2018-2019) Presentamos o noso telexornal ante as familias e compañeiros. Queres velo?
Como xa vos contamos en entradas anteriores, estamos a preparar un telexornal onde contamos as novas máis relevantes que tiveron lugar ó longo deste curso.
Podes ver os pasos previos nas seguintes entradas:
11/05/19: [Infantil xuntos] (2018-2019) Entrevistamos a Susa Herrera para o telexornal que estamos creando en infantil
25/05/19: [Infantil xuntos] (2018-2019) Continuamos a crear as novas que formarán parte do noso telexornal
13/06/19: [Infantil xuntos] (2018-2019) Así rematamos o noso Telexornal. Xa está listo e poderás velo dentro dunha semana.
O noso telexornal estaba xa listo para presentalo a ante os compañeiros e as familias, no último día do curso.
Sabela encargouse de presentalo ante un auditorio cheo de espectadores. Como non había moito tempo tivemos que amosar unha versión reducida do mesmo. Podes ver a versión completa a continuación.
Podes ver o telexornal, na súa integridade, de seguido:
Rematada a presentación recibimos un forte aprauso polo traballo realizado.
Grazas a tódolos profes e compañeiros que quixeron participar neste Telexornal.