(2018-2019) Planificamos, deseñamos, construímos e programamos os nosos m-bot para a competición robótica
O 19 de xuño tería lugar a gran competición de robótica do colexio. Os alumnos e alumnas de 5º e 6º, dentro da área de Libre Elección de Robótica, adicaron as sesións deste terceiro trimestre a preparar os seus m-bots.
Cada un dos equipos tivo que deseñar, construír e programar un m-bot para que puidese superar as tres probas plantexadas.
Foi necesario ir probando que deseño era o que mellor funcionaba, buscar solucións ós problemas que ían xurdindo e lembrar todo o que aprendéramos sobre programación ó longo do curso para facelo posible.
Cada equipo, incluídos os dos profes, tería que superar tres probas:
- Deter o m-bot cando se atopase un obstáculo
- Deter o m-bot cando cruzase unha liña negr
- Loita con outro m-bot dentro do "circulo negro"
Foron precisos moitos intentos, ensaios e erros para dar co deseño e programación máis axeitada para superar os retos propostos.
Se queres ver como nos foi na competición de robótica podes facelo nesta entrada:
(2018-2019) Así nos foi na gran competición robótica deste curso