(2018-2019) E ademais... no mes de abril
Ó longo deste mes de abril sucederon unha chea de cousas na nosa aula. Algunhas delas xa as comentamos en entradas anteriores neste mesmo blogue, e doutras daremos conta moi pronto en próximas publicacións.
Ademais de celebrar os aniversarios do mes, participar nas actividades da semana do libro, "sementar aromas", traballar con robots, iniciar a creación do noso telexornal, crear novos equipos cooperativos e facer os preparativos paro o obradoiro de cociña; sucedeu tamén todo isto:
Marcamos os eventos máis importantes, facemos seguimento estatístico do tempo meteorolóxico, as faltas, etc... no noso CALENDARIO ONLINE.
O encargado ten un papel moi relevante cada día levando conta de todo.
A mochila viaxeira da biblioteca, continúa a súa viaxe polas nosas casas, acompañada de colorines (o elefante que adoptamos con WWF)
Compartimos cos compañeiros e compañeiras todo o que fixemos na casa coa mochila.
O noso Diccionario Xigante continúa a encherse coas nosas palabras favoritas.
Os venres seguimos a levar, e anotar na aplicación online e no noso rexistro en papel, o libro que levamos para casa da biblioteca de aula.
Asistimos á presentación da exposición "sobre as mulleres e a igualdade" no Concello.
Reciclamos e compostamos o noso lixo, depositando cada cousas no seu contedor.
Exploramos a nosa creatividade coa témpera
En próximas entradas contarémosvos todo o que temos entre mans e que comezamos a artellar ó longo deste mes.
Ata entón podedes ler as anteriores entradas deste blogue, das que xa vos falábamos ó comezo da publicación, para afondar en todo o que fixemos.