(2018-2019) Seguimos a traballar con robots nas aulas de infantil
O longo das úlitmas semanas continuamos a traballar con algúns dos rotobs que temos nas aulas de infantil.
Xogamos co beebot para plantificar e anticipar movementos.
Por equipos seguimos a instrucións para escoller os códigos axeitados para usar cos ozobots.
Fixemos alguns experimentos co "movemento do probot" para comprobar canto podía avanzar con respecto ó beebot.
Ó longo das seguintes semanas continuaremos a traballar con estes e outros robots que temos na aula.