(2018/2019) Plantando carballos...
O día 21 de marzo celebramos o Día Internacional dos Bosques. Desprazámonos ata a Chanciña onde nos estaban agardando os membros da Brigada forestal e coa axuda que nos ofreceu o Concello, entre todos/as fomos quen de facer unha plantación de carballos ...
Mirade esas cariñas de expectación!!!!
Bueeeeeno, tamén había que regar algo...
Houbo a quen lle costou agarrar da mangueira....
Agora iremos de vez en cando a visitar a nosa plantación, e de paso, miraremos como medran os nosos carballiños...