(2018-2019) E ademais, para rematar o segundo trimestre, no mes de marzo...
Ó longo deste mes de marzo ademais de todo o que xa vos contamos en entradas anteriores (facer o nos libreo para o Salón do libro para logo visitar a Orbil, celebrar os aniversarios e deseñar, elaborar e participar no Entroido co noso disfraz de elefante), tamén sucedeu todo isto na nosa aula.
Como cada comezo de mes, cando cambiamos a folla do calendario, anotamos no calendario online tódolos eventos que terán lugar nas seguintes semanas, no mes de marzo había unha chea deles.
Sobre el o encargado controla as faltas de asistencia, facemos un seguimento estatístico do día que fai, descubrimos que profes veñen á nosa clase ese día...
Fomos a plantar árbores no día internacional dos bosques, coa axuda dos axentes forestais e xunto os compañeiros e compañeiras de todo o colexio.
Tivemos que escoller as cancións que soan nas entradas e nas saídas para a última semana do mes.
Bony, o coello de Yaiza, fíxonos unha visita ;)
Polo día da muller, recibimos a visita da nai de Joaquín e Alberto, que se acercou a lernos unha historia fantástica.
BLOG DA BIBLIOTECA: 22/03/19: 2018-2019 MAMÁS LECTORAS
E visionamos cos compañeiros e EI1, 1º e 2º moitas curtametraxes, para debatir despois, sobre a coeducación e a igualdade de dereitos entre homes e mulleres.
Continuamos a encher o dicionario xigante, coas nosas palabras favoritas, escolléndoas, buscándoas na aplicación online para logo imprimilas, pegalas e escribilas.
Evan, a tartaruga de ÓLIVER, veu a vivir con Rayo (a nosa mascota) no seu acuario.
Cada semana participamos, cos compañerios e compañeiras de todo o colexio nos "apadriñamentos lectores". E continuamos a levar libros para casa os venres, da nosa biblioteca de aula.
O plátano viaxeiro rematou as súas viaxes polas casas de todos nós...
... pero comezamos a levar para casa a "mochila viaxeira", organizada polo Biblioteca do centro, na que ademais levamos a colorines (o elefante que adoptamos polo día da paz)
09/02/19: [Infantil xuntos] (2018-2019) Xestos de amizade e adoptamos animais en perigo de extinción na semana da Paz
Nesta ocasión a mochila inclúe un libro da biblioteca de aula que escolle cada uno de nós, cando lle toca o turno.
Recibimos unha maleta chea de libros de poesía, na semana da poesía organizada pola Biblioteca do centro.
Que levamos ós compañeiros e compañeiras de 1º e 2º cando rematamos de mirar tódolos libros.
Escribimos as estrofas dunha poesía de Gloria Fuertes, para poñer na árbore de poemas da entrada do colexio, xunto a tódolos compañeiros e compañeiras do centro.
Desenvolvimos a nosa creatividade pintando con témpera e mesturando cores.
Fixemos uns calendarios de agasallo para os nosos pais.
Deseñando tamén o papel de regalo para empaquetalo.
Como remataba o segundo trimestre, tamén levamos para casa o noso boletín de auto-avaliación "As novas da Escola" e o noso dossier da investigación sobre os dinosaurios, de seguido podes ver un exemplo de como nos quedou.
Lembra que tes máis información sobre este proxecto na seguinte entrada:
No terceiro trimestre, xa desde a semana que ven, temos aínda moito que facer, descubrir e, por suposto contarvos.