(2018-2019) E ademais... no mes de febreiro
Neste mes de febreiro, ademais de preparar a nosa participación no Entroido, de crear o noso traballo para o Salón do libro (do que vos daremos cumprida conta nunha próxima entrada), de facer algún experimento científico, de traballar cos nosos robots e de rematar o noso Museo de Dinosaurios... tamén tivemos tempo para facer todo isto:
Comezamos a participar nos "apadriñamentos lectores", organizados desde a Biblioteca do centro. Os luns na hora de ler, xuntámonos con compañeiros e compañeiras de primaria para ler libros xuntos.
Participamos en actividades de compostaxe, aprendendo o que era con Rocío e con "eco-col".
Axudamos a poñer en funcionamento o composteiro do colexio...
... e xa podemos xuntar os restos das nosas merendas para botalo no composteiro.
Tamén participamos nunha sesión de "búsqueda" dos "bichos" que traballan no composteiro.
Continuamos a encher o noso "diccionario xigante", coas palabras favoritas xunto a fotografías das mesmas, usando a aplicación online, que podes atopar no recanto de infantil.
O "Plátano viaxeiro" continúa a súa viaxe polas nosas casas.
Participamos nas actividades organizadas desde a Biblioteca do Centro, polo día de "Rosalía de Castro".
Recibimos a vista de dúas compañeiras de primeiro e segundo, para contarnos os beneficios e usos dos plátanos.
E ata participamos nunha enquisa dos compañeiros e compañeiras de sexto.
Non te esquezas de ver tódalas entradas anteriores deste blogue, para estar ó tanto de todo o que sucede en Infantil, e en especial na aula de Infantil 2.