(2018-2019) Queres saber como se fai o experimento do “guante bailarín”. Mira aquí o noso vídeo
Este mes, o expermiento que imos levar a cabo nas aulas de infantil, precisaba unha botella, un bote, auga e un guante.
Que poderíamos facer con todo o material?. Cada un de nos foi plantexando hipóteses do que cren que podería suceder e o que se podería facer con este material.
Despois de pantexar as diferentes hipóteses e contrastalas coas dos outros, fixemos todos xuntos o expermiento. Ó meter o guante nunha botella e introducila en auga "este comezaba a bailar". Por que?
Novamente fomos plantexando as nosas teorías para explicar este fenómeno. Acordamos finalmente que a "auga empuxaba o aire cara arriba".
Cada un dos equipos cooperativos reproduciu o mesmo experimento.
Tan só quedaba crear o vídeo do experimento, xa que nesta ocasión corresponderíalle á nosa aula crealo. Así pois o equipo encargado de facelo "OS TABEIRÓNS", acodaron como contarían o experimento no vìdeo, e que parte faría cada un.
Podes ver como quedou o noso vídeo, unha vez rematado, de seguido.
Lembra que podes ver os vídeos doutros experimentos, tanto desde curso como do curso pasado, no apartado de "VÍDEOS" do recanto de infantil, oudirectamente desde AQUÍ.
Tan só restaba tomar nota das observacións no caderno de campo dos experimentos.