Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal
       

(2018-2019) Participamos no Festival de Nadal cunhas actuacións. Queres velas?

Ademais de todo o que fixemos coa chegada do Nadal, que podedes ver na entrada anterior deste mesmo blogue, preparamos a nosa participación no Festival de Nadal.

Participaríamos cunha obra de teatro os de 5 anos  e cun baile os de 3-4 anos. Teríamos que facelo dúas veces, o 20 de decembro para os compañeiros/as e o día 21 para as familias. Anotamos estas datas nos nosos calendarios online

 

Durante varias semanas estivemos ensaiando no escenario as diferentes actuacións. 

 

Preparamos todo o decorado tanto para o baile...

 

 

... como para a obra de teatro, deseñando e creando un monstruo terrorífico entre todos e todas.

 

 

Despois de tantos días de ensaios chegou o gran momento de actuar primeiro ante os compañeiros e compañeiras, e ó día seguinte ante as nosas familias.

 

TEATRO: A MIN NON ME COMAS NA NOITE DE NADAL (5 anos)

 

 

BAILE: BUSCANDO  PAPA NOEL A ÁRBORE DE NADAL (3-4 anos)

 

 

E ata os profes tiveron a súa actuación, na que ó final subimos todos e todas con eles ó escenario.

 

 

RECIBIMOS A VISITA DO APALPADOR E A DA APALPADORA:

Xusto despois de que rematase o Festival para as familias recibimos a visita do Apalpador e da Apalpadora, xunto cos seus "pequenos apalpadores", que nos ofreceron un espectáculo musical.

 

O mestres/as e alumnos/as de Educación Infantil queren desexarvos a todos unhas "FELICES FESTAS". Vémonos de novo dentro dunhas semanas.

 

Podes atopar máis imaxes do Festival de Nadal e da visita do Apalpador e da Apalpadora, na seguinte entrada publicada nesta mesma web:

23/12/18: (2018-2019) Celebramos o Nadal actuando no Festival e coa visita do Apalpador xunto da Apalpadora

 

 

Acceso rápido

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Formación do profesorado

Proxectos T.I.C. do centro

Eleccións ó Consello Escolar

Eleccións ó Consello Escolar
Infomación do proceso

Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 2 invitados conectados.