(2018-2019) Celebramos o Nadal actuando no Festival e coa visita do Apalpador xunto da Apalpadora
Coa chegada do mes de decembro comezamos a decorar os nosos corredores con motivos de Nadal, para celebrar a chegada desta sinalada data.
Así decoraron o corredor os nenos e nenas de infantil.
No andar superior optaron por esta decoración.
O resto do corredor do andar inferior quedou así decorado.
Ata a nova mascota da Biblioteca "O porco-espín Serafín" puxo as súas mellores galas.
Os días 20 e 21 de decembro celebramos o noso tradicional Festival de Nadal. O primeiro día só para os compañeiros e compañeiras e o seguinte día para as familias.
Velaquí o programa de actuacións:
Os presentadores de 6º foron dando paso ós diferentes números:
Os de infantil de 5 anos representaron a obra "A min non me comas na noite de Nadal"
Infantil de 3-4 anos bailaron "Buscando Papa Noel a árbore de Nadal"
En 1º e 2º axudaron a Santa Claus e os seus renos coa obra de teatro "Rudolph"
Seguido dunhas cancións en inglés
A "Danza das horas" correou a cargo dos compañeiros e compañeiras de 3º.
Pola súa banda os de 4º interpertaron "Estreliña onde estás"
O teatro "Conto de Nadal" chegou da man dos compañeiros e compañeiras de 5º.
Quenes tamén nos agasallaron cun baile.
Seguido dunha canción creada por unha das compañeiras.
Os compañeiros e compañeiras de 6º interpretaron a peza instrumental "First Noel"
Seguido dun baile moi "navideño"
E como remate de festa, "e por sorpresa", os profes bailaron o "burrito Sabanero", na que rematamos todos no escenario.
Ó finalizar o curso, como cada ano, no DVD que vos entregaremos poderedes atopar todas estas actuacións.
Tamén recibimos a visita do Apalpador e da Apalpadora, o día 21, xusto antes de que chegasen as vacacións de Nadal.
Como despedida regaláronnos unhas landras para que plantemos carballos, xa que eles viven nos bosques.
Velaquí o agasallo que nos entregaron.
Todo o claustro de mestras e mestres deséxanvos unhas felices festas a todos e todas.