(2018-2019) Asistimos ó teatro para ver “A Galiña azul” e visitamos a exposición “Living dinosaurs"
O día 5 de decembro, tal como tiñamos anotado no noso calendario online, era o gran día da nosa saída a Pontevedra. Asistiríamos á obra de teatro "A Galiña Azul" e visitaríamos a exposición "Living dinosaurs".
Xa en Pontevedra iniciamos o camiño cara ó "teatro" para asistir á representación.
Alí había unha chea de nenos e nenas doutros colexios, que asistrían xunto a nós á fantásitica obra de monicreques "A Galiña Azul"
Velaquí unhas imaxes de como foi a representación de monicreques.
Rematada a representación un minutiño para merendar, antes de asistir á exposición de dinosauros.
Despois dun pequeno anaco camiñando chegamos ata a exposición dos Dinosauros. "Living Dinosaurs"
Comezamos cunha serie de proxeccións en 3D que tivemos que visionar cunhas gafas especiais.
E logo, co noso fantástico guía fomos visitando as diferentes parte da exposición.
Ata nos convertimos en paleontólogos para excavar fósiles de dinosauro.
Descubrimos unha chea de cousas interesantes, que os compañeiros de Infantil 2 aproveitarán para a súa investigación sobre o tema, e que serviu para ratificar algúns dos descubrimentos que xa fixeran.
Na zona da idade de xeo, onde non existían xa os dinosaurios, atopamos animais moi curiosos. Tivemos que adiviñar en que animal actual evolucionaron.
Xa de volta na zona dos dinosaurios, algún deles tiña fame quixo "dar un bocadiño" ;)... velaquí algúns dos valentes que se atreveron.
Descubrimos algúns dinosaurios carnívoros e ata "reptiles voadores", que descubrimos que non eran dinosaurios aínda que conviviran con eles.
E ata puidemos tocar unha cría deles.
Para rematar a visita chegamos ata o nos dinosaurio favorito... o Tiranosaurio Rex...
Con el fixémonos a foto de grupo antes de marchar para o colexio de novo.
Foi unha visita fantástica, e agardamos que non viñera ningún dinosauro con nos de volta para Campo Lameiro, pero nunca se sabe, andade con coidado ;)
Podes atopar máis imaxes na galería fotográfica. Accede a eles desde aquí.