(2018-2019) Polo Samaín construímos un castelo terrorífico
Cando comezou o mes de outubro marcamos no calendario unha das datas que máis estabamos agardando... a festa do SAMAÍN.
Despois de lembrar como o celebrarmos o curso pasado, decidimos facer unha nota para lembrar ás nosas familias que poderíamos participar no concurso-exposición de cabazas, e que poderíamos vir disfrazados o día da festa.
Co paso dos días fomos recibindo as primeiras cabazas, que logo formarían parte do concurso-exposición.
Queríamos convertir o corredor de infantil nun castelo terrorífico, cheo de pantasmas e monstruos, así que nos puxemos máns a obra:
E así quedou o noso castelo rematado... moi terrorífico.
Tan só faltaba poñer un nome e o enderezo do noso castelo terrorífico.
Enchemos o noso castelo con monstruos e pantasmas creados por nós.
Tamén creamos nosa propia cabaza na aula, deseñándoa e decorándoa.
Se queres ver a fantástica exposición de cabazas e como convertimos o corredor de Infantil no noso castelo terrorífico, podes facelo no seguinte vídeo:
Cando a exposición estivo lista, chegou o momento de votar polas nosas cabazas favoritas:
O día da celebración participamos nos obradoiros terroríficos que estaban organizados no colexio, xunto ós demais compañeiros e compañeiras dos restantes cursos.
Viñemos todos disfrazados...
... ata os profes:
OBRADOIRO DE COCIÑA TERRORÍFICA:
Onde cociñamos uns "dedos" e uns "ollos" deliciosos...
OBRADOIRO DE MAQUILLAXE E CURTAMETRAXES DE MEDO:
Podes voltar a ver as curtametraxes AQUÍ:
FOTOMATÓN TERRORÍFICO:
Fomos escollendo o fondo que preferíamos e sobre o chorma verde, aparecemos en lugares terroríficos.
Podes ver como quedamos no fotomatón na seguinte galería, fai click na seguinte imaxe para poder vernos a todos e todas ;)
MANUALIDADES DE MEDO
Onde creamos un morcego chulísimo:
Rematados os obradoiros, chegou o momento de coñecer ós gañadores da votación "no concurso de cabazas", e de recibir os diplomas ás "cabazas máis...", así como a todos e todas por participar.
En Infantil os gañadores da votación foron (recibiron un regalo):
E os elexidos con diplomas ás "cabazas máis..." foron:
A todos e a todas tamén nos deron un diploma por participar, por ter creado esas fantásticas cabazas terroríficas, e por pasalo de medo nos obradoiros.