(2017-2018) Creamos land-art na natureza coa chegada do outono
Coa chegada do outono, para experimentar os cambios que sufriu a natureza coa nova estación, xogamos a crear obras artísticas con elementos da natureza.
Cada un dos equipos cooperativos ideou e elaborou a súa creación de "land-art".
Tamén tiveron que deseñar a súa propia estratexia para poder facelo entre todos e todas.
E así quedaron as creacións de "land-art" unha vez rematadas.
Unha vez tiveron rematado, visitaron as creacións dos restantes equipos que foron explicando como as fixeran e con que materiais.
Xa de volta na aula puidemos ver as fotografías das nosas creacións e comparalas coas creacións de land-art, feitas por grandes artistas en todo o mundo.
Cada un dos equipos creou un cartel coa fotografía do seu "land-art" para poder expoñela no corredor.
Tamén tiveron que decidir un nome para a súa creación e escribilo, coa colaboración de tódolos integrantes do equipo.
Tan só quedaba pegalas no corredor para que todos e todas puidesen ver o creativos que fomos na natureza, coa chegada do outono.
E a ti... que che parecen?