(2017-2018) Descubrimos a Mª Victoria Moreno e facemos un mural coas nosas mascotas, para celebrar a semana das Letras Galegas
Este ano a escritoria homenaxeada na semana das Letras Galegas era María Victoria Moreno. Despois de sinalar as datas nos noso s calendario online así como a da celebración que tería lugar no colexio.
Comezamos a descubrir algúns feitos relevantes da súa vida e algúns poemas dos que escribira.
Un dos que escribira falaba dun can que tiña, así que decidimos facer un mural xigante con ese texto e rodealo das nosas mascotas, que pedimos ás familias enviando unha mensaxe ós seus móbiles. Pouco a pouco fómolas recibindo e cada un de nos foi comentando como se chamaba a súa mascota.
Entre todos e todas escribimos o fragmento do poema pero en "xigante"
Así de fantástico quedou xa rematado, tan só faltaba incluír as nosas mascotas, como o can do que falaba o poema.
Entre todos e todas fomos completando o mural coas mascotas de cada un.
Por suposto tamén escribimos os nosos nomes e os nomes das nosas mascotas para que todoo mundo puidese saber de quen se trataba.
Cunha foto de María Victoria Moreno, quedou remtado e así de fantástico o noso mural coas mascotas.
Cando estaba a piques de rematar a semana das Letras Galegas, e tal como estaba anotado no noso calendario, participamos na celebración organizada na biblioteca do colexio xunto ós compañeiros e compañeiras de primaria.
Alí contáronnos moitas cousas de María Victoria Moreno, algunhas xa as coñecíamos dos nosos descubrimentos, pero descubrimos tamén algún dato novo.
Tamén puidemos asistir á interpretación musical de música de tradición galega por parte dos compañeiros e compañeiras de primaria.
E a ANPA entregou os premios do concurso de narrracións, no que Infatil 1 e Infantil 2 participou con cadanseu conto.
Déronnos un libro de premio para cada unha das aulas, e un pequeno agasallo para cada un de nos... entre eles un libro pequeniño.
Os libros están agora na nosa biblioteca de aula para poder levalos os venres para casa se queremos, e os agasallos persoais puidemos levalos para as nosas casas.