(2017/2018) TALLER DE ELABORACIÓN DE GUIÓNS CINEMATOGRÁFICOS
Seguindo co noso proxecto " 1,2,3...Rodando libros" e, despois de traballar en distintos talleres as lecturas de guións cinematográficos, damos un pasiño máis e, recibimos no cole, unhas orientacións (que nos viñeros moi ben) a cargo do FIC de Bueu (festival internacional de curtametraxe) sobre a elaboración de guións...
Por onde empezamos? que fai falta para escribir un guión?
que necesito saber?...Cantas preguntas, agora xa, con respostas...
Aí estamos todos/as atentos ás explicacións de Manuel...
Cantas cousas descubrimos!!!
Falounos do primeiro paso...ter unha idea. De escribir un argumento, dos personaxes, do escenario, dos planos, das fases...
Esto era a primeira parte, porque Manuel vai a volver para ensinarnos uns cortos súper chulos...E, agora, tócanos a nós poñernos mans á obra se queremos ir "RODANDO LIBROS"...