Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal
       

(2017-2018) Comezamos a investigar sobre os tabeiróns e o mar para convertir a nosa aula nun acuario xigante.

Rematada a nosa investigación sobre os GATOS, estabamos desexando comezar un novo proxecto de investigación na nosa aula.

03/04/18: (2017-2018) Rematada a investigación sobre os gatos creamos o noso vídeo-documental. Queres velo? 

Como non xurdiu un tema que nos interesase a todos e todas, optamos por facer unha "choiva de ideas" e que cada quen plantexase sobre que lle interesaba investigar, dando razóns de porque o consideraba interesante (que se podía saber e que se podía facer coas respostas atopadas).

Con tódalas ideas levamos a cabo unha votación da que resultou gañador "os TABEIRÓNS o MAR e os PEIXES", e con todo o que descubramos convertiremos a nosa aula nun ACUARIO XIGANTE onde celebraremos unha "festa debaixo do mar" ó rematar o curso.

 

Elexido o tema, preparamos o noso mural da investigación onde iremos anotando todo o proceso e as respostas que vaiamos atopando ás preguntas que plantexemos.

 

Escollimos unha imaxe dun tabeirón como "encabezamento" do noso mural...

 

Que pegamos xunto ó titulo da investigación, que escribimos entre todos e todas.

 

Tamén anotamos o que QUERÍAMOS FACER con toda a información que descubrísemos.

 

Como sempre comezamos anotando todo o que xa sabíamos dos tabeiróns, dos peixes e do mar...

 

... e por suposto, que é o que queremos/precisamos saber para poder convertir a nosa clase nun acuario onde celebrar esa "festa debaixo do mar".

 

Así estaba o noso mural, listo para comezar a investigar sobre o tema.

 

Tan só restaba anotar as fontes de información nas que poderíamos atopar a información. Como xa somos "veteranos" nesto das investigacións coñecemos unha chea delas diferentes.

 

Escribimos unha nota para pedir "colaboración" ás nosas familias e poder ir xuntando información no "noso recanto" da investigación.

 

Ó día seguinte xa chegou a primeira... un fantástico libro que HÉCTOR trouxo da súa casa.

Continuaremos "xuntando" información no noso recanto da investigación, e nuns días comezaremos a traballar con ela para atopar a resposta as preguntas e poder así convertir a nosa aula nun acuario xigante.

 

Como sempre irémolo contando paso a paso neste mesmo blogue. 

 

Se tes información sobre o tema, que poidas facernos chegar, non dubides en empregar o noso correo electrónico infantilcampolameiro@gmail.com 

 

Acceso rápido

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Formación do profesorado

Proxectos T.I.C. do centro

Eleccións ó Consello Escolar

Eleccións ó Consello Escolar
Infomación do proceso

Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 11 invitados conectados.