Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal
       

(2017-2018) Rematamos a nosa investigación sobre os gatos... estamos preparados para a creación do vídeo-documental.

Podes seguir os pasos previos deste proxecto de traballo e investigación nas entradas anteriores deste mesmo blogue:

28/10/17: (2017-2018) Os GATOS: Decidimos e iniciamos un novo proxecto de investigación e traballo. 

18/11/17: (2017-2018) Continuamos a investigar sobre os GATOS: atopamos as primeiras respostas. 

13/01/18: (2017-2018) Avanzamos no noso proxecto sobre os gatos... así vai a nosa investigación 

 

Á volta das vacacións de Nadal continuamos coa nosa investigación sobre os gatos, nesta primeira ocasión buscamos xuntos á resposta á pregunta "Onde se mercan os gatos?". Visionando de forma conxunta un vídeo, que atopamos no noso recanto de infantil, descubrimos que o mellor era "adoptar gatos" que viviran en refuxios ou protectoras de animais.

 

Descubrimos tamén, grazas a información que nos fixo chegar a nai de ÓLIVER, que en Pontevedra había un refuxio de animais chamada "PALLEIROS", que recollían tapóns para logo vendelos e conseguir cartos para poder coidar os animais. Decidimos axudalos recollendo tamén tapóns na clase.

 

Plasmamos no mural, tanto a resposta acordada e atopada, como a recollida de tapóns para axudar á protectora de animais de Pontevedra.

 

E así quedou plasmado no noso mural.

 

Para as restantes preguntas, xa en días posteriores, organizámonos nos equipos cooperativos e, como sempre o primeiro foi organizarnos dentro do equipo, asignando roles e rexitrándoos no noso caderno do equipo.

 

Cada un dos equipos acordou, de cal das preguntas que restaban por respostar, se encargarían de buscar a resposta.

 

Anotando a súa decisión no mural, indicando o número da pregunta escollida no cadro de organización.

 

Usando as diferentes fontes que tiñamos no noso recanto de investigación, cada un dos equipos foi atopando as respostas ás preguntas plantexadas.

 

Acordando, unha vez atopada a resposta, de que xeito o plasmaríamos no mural: usando fotografías? escribindo textos?... sempre participando todos no equipo.

 

Así quedaron plasmadas as respostas ás últimas preguntas que quedaban sobre os gatos.

 

Deste xeito, co traballo de todos completamos o noso mural da investigación. Tan só restaba a pregunta de "como facer un documental", que respostaremos durante o proceso de creación do mesmo.

 

Cada un dos equipos contoulle ós demais compañeiros e compañeiras a resposta que atoparon as preguntas que lles corresponderon.

 

Comezamos tamén a crear o noso dossier persoal, elexindo que fotografía de "gato" queríamos incluír na nosa portada, buscándoa en internet. 

 

Completando a portada do mesmo, ordenando con letras móviles, a palabra "GATOS".

 

Agora tan só nos resta, ademais de completar o dossier individual da investigación, que poderemos levar para as nosas casa.

 

Chega agora tamén o momento de preparar a rodaxe e creación do noso vídeo-documental con todo o descuberto.

Como sempre poderedes estar ó día ó respecto en próximas entradas neste blogue.

 

 

 

Acceso rápido

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Formación do profesorado

Proxectos T.I.C. do centro

Eleccións ó Consello Escolar

Eleccións ó Consello Escolar
Infomación do proceso

Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 4 invitados conectados.