(2016-2017) Excursión de fin de curso: Participamos nos obradoiros de Naturnova e pásamolo de medo en Indiana Bill
O 14 de xuño, xunto cos compañeiros e compañeiras de 1º e 2º de primaria, participamos na última saída deste curso. Nesta ocasión sería de mañá e tarde.
Todos ben asegurados no autobús comezamos a nosa viaxe ata Vigo.
Cando chegamos, na zona do porto, descubrimos unha estatua enorme pola que te podías meter e que tiña unha cabeza tirada no chan. Ademais tamén puidemos ver un barco "xigante" que estaba alí atracado.
Un descansiño para tomar a merenda nun parque preto do porto e...
... comezamos un percorrido polas rúas de Vigo ata chegar a "Naturnova" onde iamos participar nun obradoido de arte (os de 1º e 2º faríano sobre a auga)
Cando chegamos, e xa separados dos compañeiros e compañeiras de 1º e 2º, fixemos dous grupos para poder participar no obradoido, mesturándonos ámbalas dúas aulas. Un marcharía co profe Óscar e outro coa profe Ángela.
En ámbolos dous grupos descbrimos a "pintafontes" e con el fomos descubrindo diferentes cadros da exposición.
Ademais de cadros, tamén había unha chea de esculturas. Fixámonos nunha que estaba feita de barro e pintada de diferentes cores.
E rematamos convertíndonos en artistas, usando as diferentes técnicas que nos contaran durante a visita polo museo.
Rematada a visita a Naturnova, e tras unha nova viaxe en autobús ata "Nigrán", comimos todos xuntos nun parque que había alí preto, que ademais estaba cheo deo de columpios nos que xogar ata que chegase a hora de entrar en Indiana Bill.
E por fin chegou o gran momento que todos e todas levabamos agardando varios meses, en Indian Bill, un parque infantil enorme, puidemos xogar todos e todas xuntos.
Pasámolo de medo!
Podes atopar outras imaxes, onde saen tamén os nosos compañeiros e compañeiras de 1º e 2º no seu obradoiro, na galería fotográfica da web, ou directamente desde AQUÍ.