(2016-2017) Comezamos a investigar sobre a muralla chinesa para construíla no corredor
Como xa vos contamos en entradas anteriores, dentro do traballo de centro para o Salón do Libro, correspondéranos traballar coa muralla Chinesa. Podes lembrar todo o que fixemos no seu momento nas seguintes entradas:
(2016-2017) Visitamos ó lobo ORBIL no Salón do Libro e participamos nas súas actividades
Como segunda parte desta tarefa de centro, a final de curso terá lugar unha xornada de portas abertas para as familias, na que cada curso poderá "explicar" todo o que descubriron sobre a "Maravilla do mundo moderno" que lles correspondeu. No caso de Educación Infantil, xunto cos compañeiros e compañeiras da outra aula, teremos que expoñer a muralla chinesa.
PLANIFICANDO O TRABALLO:
O primeiro que fixemos foi lembrar, todos xuntos, o que xa fixeramos para o salón do libro.
Lembramos e descubrimos que "maravilla" lles correspondía a cada un dos outros grupos usando as súas fotos da "maleta de Dora".
Visualizamos un vídeo das maravillas do mundo moderno, e fomos identificando cada unha delas ata chegar á nosa... A muralla chinesa. Sobre iso teríamos que falar na xornada de portas abertas, acordamos que poderíamos costruír unha "muralla enorme" no corredor de infantil, pero para elo precisabamos investigar sobre ela e así saber como poder facela.
Fomos comentando tamén as ideas previas que tiñamos, o que xa sabíamos sobre a muralla chinesa.
Para plantexar posteriormente que é o que queríamos/precisábamos descubrir. Repartímonos as preguntas entre as dúas aulas... deste xeito unha vez rematada a investigación poderíamos intercambiar a información.
No noso caso, EI2, marcamos cunha estrela verde aquelas preguntas que nos correspondería investigar, as demais serán investigadas polos compañeiros e compañeiras da outra aula.
Anotamos no noso mural o título da investigación que acompañamos cunha foto da muralla chinesa, que buscamos e internet e posterormente imprimimos.
Anotamos tamén que era o que queríamos conseguir ó final (o producto final socialmente relevante), que era construír a muralla chinesa no corredor.
Así quedou o noso mural case listo para comezar a investigar.
Anotamos tamém as diferentes fontes de información onde iamos buscar a información.
Entre esas fontes estaban as nosas familias, así pois escribimos unha carta na que pedíamos por unha banda información e por outra caixas de cartón, que empregaríamos para poder facer a murallal, tal como acordaramos.
Mentras agardábamos a que chegase a información, pintamos con témpera a nosa visión da muralla chinesa.
E lembramos as 7 maravillas do mundo moderno, completando así a primeira folla do que será o noso dossier da investigación.
CHEGAN AS PRIMEIRAS CAIXAS:
Días despois foron chegando as primeiras caixas, xogamos con elas a contalas, ordenalas de maior a menor...
Para ilas acumulando, xunto cos compañeiros de Infantil 1, na sala de usos múltiples á espera de comezar a construír a muralla.
COMEZAMOS A RECIBIR A PRIMEIRA INFORMACIÓN:
Nalgúns casos por e-mail, que fomos lendo e respostando en cada caso.
E imprimíndoo para incluílo no noso recanto da investigación.
Tamén trouxemos outra información impresa da casa, que comentamos cos compañeiros e compañeiras cada mañá durante a asamblea.
Ata ir completando pouco a pouco o noso recanto da investigación coa información recibida.
RESPOSTAMOS Á PRIMEIRA PREGUNTA:
Quen construiu a muralla chinesa? Cantos a fixeron?
A primeira das preguntas investigámola todos xuntos na aula de informática, visualizando un vídeo con 10 curiosidades sobre a muralla chinesa, que podes atopar no noso recanto de infantil. Para atopar a información que estabamos a buscar visualizamos varios vídeos, ata discriminar alquel que nos daba a información que estabamos a buscar, descartando a outra para outro momento.
Nese vídeo dicía que traballaron nela o 70% da poboación de China, así que fixemos un xogo para repartirnos nos no "70%".
Descubrimos que eran moitos máis os que traballaron na muralla que os que non... seguramente a xente que mandou facela eran menos, pero iso xa o descubriremos noutra pregunta.
Noutro dos vídeos descubrimos que aproxidamente traballaron 700.000 obreiros chineses, e que morreron 10.000 durante a construción da muralla. Comparamos eses números tan "enormes" con outros que fomos preguntando.
- Cantos hai no cole?
- Cantos viven en Campo Lameiro?, en Galicia, en España?
- Cantos viven en toda China?
- Cantos viven en todo o mundo?
Descubrimos que canto máis longo era o número, máis xente estaba representada... e en China había moitísima, e facendo a muralla tamén.
Xa na clase, anotamos os datos descubertos no mural da investigación.
Completamos a información cun "debuxo" de traballadores da muralla chinesa que atopamos en internet, posto que non había fotos, porque non existían aínda cando se construiu.
Entre todos e todas plasmamos a primera das respostas, escribindo o número da pregunta ó lado e escribindo un SI ó lado da pregunta correspondente.
E así quedou a primeira resposta reflexada no mural.
Nos seguintes días continuaremos a investigar as restantes preguntas e comezaremos a construír a muralla no corredor.
Como sempre poderedes estar ó tanto de todo en futuras entradas neste blogue.