ENROLLÁNDONOS COAS FILIGRANAS
No segundo trimestre empezamos a traballar coas filigranas nas clases de plástica, foi unha tarefa laboriosa pero valeu a pena, pois saíron cousas moi bonitas.
O primeiro paso era decidir o que ía facer cada un e, unha vez feito, escoller as cores e cortar as tiras de papel para empezar a enrollar.
Uns decidiron facer cadros con filigranas e outros optaron polos marcos...
Unha vez enrolladas as filigranas, escolleuse a pintura para o fondo para logo empezar a pegar as rodiñas de papel...
Houbo incluso quen debuxou unha paixase que logo completaría coas filigranas...
E finalmente, foron quedando cousiñas así de bonitas!