Salón do Libro de Pontevedra 2017
O pasado xoves asistimos á XVIII edición do Salón do Libro infantil e xuvenil de Pontevedra, que este ano tiña como lema "O mundo que queremos". Durante a xornada, os nenos/as do colexio puideron pasar unha mañá moi divertida, xa que asistiron a diferentes obradoiros, charlas e exposicións relacionadas ca importancia do respeto, o valor diversidade cultural, ou coidado do medio ambiente.
A continuación deixámosvos un breve resumo do noso paso, un ano máis, por esta bonita experiencia.
1- Confección da "maleta viaxeira"
Os noso alumnos/as coñeceron da man de Dora as 7 marabillas do mundo, recopilando contos típicos e postais dos países de orixe. Todo iso metémolo nunha maleta que fomos elaborando entre tódolos cursos.
2- Unha vez rematada tivemos que despedirnos dela...
3- Velaí vai a nosa "maleta viaxeira" camiño do Salón do Libro
4- Chegou o día: Visita ao Salón do Libro
Menudo recibimento nos dou a mascota!
5- Comezamos a mañá cun obradoiro para aprender a ilustrar. Anxo Fariña amosounos algunhas técnicas para mellorar os nosos debuxos!
6- Seguimos cunha visita guiada polas distintas exposicións.
7- Finalmente atopamos a nosa maleta na sala de exposicións. Que contentos se puxeron os nenos e nenas ao vela!
A nosa e ben chula, pero tamén había traballos moi interesantes...
Con isto remata o noso paso polo Salón do Libro. Moi boa experiencia para os nenos/as. Para o ano repetimos!