(2016-2017) Así é o día a día con "Rayo", a nosa tartaruga, unha vez rematada a investigación.
Podes ver os pasos previos deste proxecto de traballo e investigación na seguinte ligazón:
(2016/2017) Despois de moito investigar por fin chegou "Rayo", a tartaruga da nosa aula.
Cada día que pasa "Rayo", a nosa tartaruga, vai medrando grazas ós nosos coidados.
Para acordar como "coidala" con todo o que xa sabíamos despois da nosa investigación, e para avisar ós compañeiros e compañeiras que veñen a visitala, acordamos facer unhas "normas" para coidala.
Despois de propoñer varias ideas chegamos ó acordo de escribir "catro normas".
Entre todos e todas fomos redactándoas.
E pegándolle unha fotografía ó lado de cada unha, para aqueles que non puidesen ler.
E así quedaron colocadas, debaixo da "casa de Rayo"... agora todos saberán como tratala para respectala.
E tamén acordamos quen lle daría de comer cada día, como vedes sería o encargado, para non sobrealimentala.
Continuamos tamén completando o noso dossier da investigación, que moi pronto levaremos para as nosas casas.