(2016-2017) A festa dos xoguetes
A semana pasada, xusto volvendo das vacacións, participamos na aula nunha actividade relacionada cos xoguetes.
A profe propúxonos facer unha "festa dos xoguetes", para a cal necesitaríamos traer cada un/ha un xoguete propio da casa para compartilo durante uns días co resto de compañeiros.
Pensando e falando sobre cómo poderíamos avisar deste acontecemento, chegamos á conclusión de que o "cartel" podía ser un bo medio ou recurso, xa que serven para avisar sobre algún acontecemento.
Ángela propúxonos buscar polo colexio, polos corredoiros, a ver se atopabamos algún cartel para ver cómo son.
Atopamos algúns e tamén en internet e así quedounos claro que como mínimo o cartel debe levar un título da actividade ou do acontecemento, un lugar, unha data, hora..
Reflexamos na pizarra o que deberíamos indicar no noso cartel, pois o seguinte sería elaborar un cartel para anunciar ás familias a festa dos xoguetes, e o faríamos de xeito cooperativo, cos nosos equipos.
Ó finalizar a proposta levamos a cabo a autoavaliación nos paneis de equipos, para verbalizar e caer na conta de si verdaderamente levamos a cabo traballo cooperativo.
Así quedaron os nosos carteis
e cada un de nós levou a casa unha fotocopia do cartel do seu equipo xunto cunha nota explicando a proposta.
Ó día seguinte os xoguetes foron chegando á aula e cada un de nós, explicou ós demais quen llo mercara ou regalara, e algunhas características: nos contaba se o seu xoguete era brando ou duro, pesado ou lixeiro, grande ou pequeno (con respecto ó máis grande), tiña son ou non e que cores tiña.
Ángela e Nuria, a profe en prácticas que estes meses estará na nosa aula, tamén trouxeron os seus xoguetes
Neses dous días que tivemos os xoguetes na aula, tratamos de compartilo cos demáis e cada un xogar co que non fose noso. Non todos o conseguimos, porque non é doado...pero en líneas xerais, os fixemos todos moi ben!!
Noutra sesión tamén fixemos inferencias e comparacións entre todos os xoguetes e os pesamos, comprobando se o que pensabamos inicialmente era así ou non.
Nuria foi anotando no encerado o peso de cada xoguete, que líamos na balanza e nós fómolos ordeando dende o máis lixeiro, ata o máis pesado de todos e facendo pequenas agrupacións, pois algúns xoguetes tiña prácticamente o mesmo peso así que pertencían ó mesmo grupo.
Tamén pensamos de que outras maneiras se poderían agrupar: os animais, e dentro dos animais os dinosaurios, os coches, as bonecas, os de cor vermella, os de forma rectangular....
E finalmente, impresas as fotografías de cada un co seu xoguete, as pegamos nun gran mural que fixeramos ó longo deses días, do que xa vos contaremos.