Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal
       

(2016-2017) Retratándonos II: despois de descubrir onde estaba o guante traballamos co retrato e o rostro

Tal como vos comentamos en entradas anteriores recibimos unha caixa misteriosa que nos propoñía un reto, atopar o guante de Avelino Riestra:

19/11/16: (2016-2017) Retratándonos I: Que haberá dentro da caixa misteriosa?... un novo reto para resolver 

Despois de moito indagar, e tras recibir unha carta, demos atopado o guante que estabamos a buscar:

03/12/16: [Infantil xuntos] (2016-2017) Recibimos unha carta con pistas para a procura do guante! 

 

Co noso misterio resolto, e mentras agardamos a visita ó museo de Pontevedra para poder deixarlle o guante que atopamos, estivemos traballando cos retratos e co noso rostro.

Creamos un xogo no que, a partir de fotografías dos nosos ollos, os nosos compañeiros e compañeiras teñen que descubrir de quen se trata en cada caso.

 

Agora todos e todas poden xogar a descubrir de quen é cada un dos ollos...

 

Se o adiviñan poden descubrir, debaixo da "porta" o noso nome xunto á nosa foto, que nos tomamos uns ós outros expresando co noso rostro diferentes emocións.

 

Creamos autorretratos, como os que recibimos na caixa misteriosa, a partir das fotografías que nos tomáramos expresando diferentes emocións (ver entrada anterior Retratándonos I).

 

Con todos eles montaremos unha exposición no corredor de infantil.

 

Para o que tamén nos encargamos de pintar os "marcos" nos que irán os nosos retratos expostos, escollendo cada quen en que "equipo de cor" elexía estar.

 

Traballando en equipos cooperativos, creamos uns "collages" fantásticos con ollos, narices, bocas e orellas que atopamos en diferentes revistas.

O primeiro como sempre foi organizarse dentro do equipo para decidir que "rol" desempeñaría cada un no mesmo nesta actividade proposta.

 

O encargado de material, tra-lo acordo do seu equipo, foi a buscar o material que o equipo precisaría para crear o collage, na cantidade que fose necesaria.

 

Con un pouco de traballo e coordinación deron feito uns traballos fantásticos.

 

Tamén nos equipo aproveitamos para crear con masa branca ollos, narices e bocas.

 

Deixamos voar a nosa imaxinación para que quedasen fantásticos.

 

Tan so nos fata agardar ó momento en que as pintemos de diferentes cores, cando estean secas.

 

Con todas estas creacións, xunto ós compañeiros e compañeiras de infantil 1, organizaremos a nosa exposición artística de "retratos"; pero iso, así como a visita ó museo para entregar o guante a Avelino Riestra, xa o contaremos nuha futura entrada.

 

Acceso rápido

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Formación do profesorado

Proxectos T.I.C. do centro

Eleccións ó Consello Escolar

Eleccións ó Consello Escolar
Infomación do proceso

Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 11 invitados conectados.