(2016-2017) Recibimos unha carta con pistas para a procura do guante!
A semana pasada recibimos unha carta en infantil, firmada por un trasno xoguetón que xa nalgunha ocasión nos ten escrito, O trasno Antón.
Él sabe que andamos na procura do guante de Avelino Riestra pero que non o damos atopado. E na carta nos da unha pista, pois él tivo ese guante, atopouno preto da igrexa do pobo e logo regaloullo a un amigo seu esquío que anda a xogar a veces na parte traseira do cole.
Así que comezamos buscando por alí...
...e despois dun rato, Alicia atopa entre as follas un sobre...
A carta é do esquiu, nos conta nela que unha toupa lle roubou o guante, e marchou para o parque de infantil.
Así que alí nos diriximos!
Seguro que desta vai! pensamos todos..
Alí aparece outro sobre, coa imaxen nel dunha toupa e é ela a que nos escribe. Nos conta que un paxaro lle levou o guante e que sempre anda a xogar na zona verde da entrada ao cole.
Buscamos pois diante da escola no pequeno xardín...
Alí buscamos tamén, e despois de un bo rato, atopamos un sobre, coa imaxe dun paxaro.
Na carta nos conta que voando a por comida, levaba o guante con él e caeulle na rúa xusto ó ladiño do Mipa.
Decidimos ir preguntar no mipa, a ver si o viron por alí.
María a panadeira, nos conta que sí o atopou e que pensou que quizais sería da bibliotecaria o llo levou á biblioteca.
Pois todos para a biblioteca...estamos emocionadísimos porque presentimos que xa case o temos!
Antes de entrar, recordamos cómo temos que estar na biblio, igual de ben que o facemos na do noso cole.
Alí lle preguntamos á bibliotecaria e resulta que o guante non era dela e o ten gardado nun caixón, por si alguén pregunta por él.
E..por fin é noso!! E llo poderemos entregar ao noso amigo Avelino.
Finalmente, contentos de atopalo, quedamos un ratiño a ler contos, que os hai moi moi chulos.
E regresamos á escola co noso guante, que xa case é como un pequeno tesouro porque pertence a alguén que confiou en nós a su búsqueda e llo poderemos devolver.