(2016-2017) Creamos un vídeo saudando ós nosos amigos do colexio de Xapón. Queres velo?
Durante o curso pasado, puxémonos en contacto con varios colexios de todo mundo enviándolles unha carta dos que recibimos, fai unhas semanas, a primeira carta de resposta. Se non te lembras podes velo nas seguintes entradas:
(2015-2016) Escribimos cartas a colexios de todo o mundo
(2016-2017) Recibimos a primeira carta de resposta do colexio de Xapón
Para respostarlles pensamos que o mellor sería grabar un vídeo saudándoos e dándolles as grazas polo traballo tan fantástico que nos enviaron.
O primeiro foi pensar e debatir sobre en que idioma habería que grabar o vídeo para que o puidesen entender. Que idioma falarán en Xapón?. Despois dun anaco chegamos á conclusión de que seguramente o XAPONÉS asi que coa axuda do ordenador puidemos descubrir (e escoitar) como se di "HOLA" e "ADEUS" nese idioma.
Pero para grabar todo o vídeo tardaríamos moito en facelo deste xeito así que pensamos que, como a carta que nos enviaron estaba en inglés, seguro que tamén o entendían. Como nós xa sabíamos dicir algunhas cousas en inglés e co resto podería axudarnos a nosa "teacher" LOLI, escribimos unha lista de todo que lles queríamos dicir no vídeo, para poder pedirlle logo a profe que nos axudara a dicilo en inglés.
Cando soubemos como dicilo todo, fomos grabándonos para ir dicindo tódoalas cousas que queríamos contarlles... incluído un saúdo e despedida en xaponés, no que participamos todos e todas, que por certo se escriben cunhas letras moi diferentes ás que nos coñecemos.
Velaquí tes o video-saúdo que fixemos.
Nos vindeiros días escribiremos un e-mail ó colexio de Xapón para dicirlles onde poden ver o noso vídeo-saúdo, e que poidan velo os nosos novos amigos e amigas do "Kitty International School".