(2016-2017) Reencontrámonos cos nosos robots nos intercambios
Neste curso, nunha das sesión de intercambio entre as dúas aulas, nas que se traballa por unha banda cos compañeiros e compañeiras de 3 anos e por outra cos de 4 e 5, levaremos a cabo experiencias cos nosos robots educativos.
Durante estes primeiros intercambios e traballos con robótica fixemos todo isto:
Os compañeiros de 3 anos nunha primeira sesión na que coñecimos o beebot, cada un manipulouno nunha primeira toma de contacto, marcando nas distintas teclas (adiante, atrás, esquerda, dereita, go-comezo) para observar cómo se desplazaba.
Tamén montamos camiños coas pezas de madeira, polos que pasaría o beebot.
E tiñamos que decidir cántas veces precisaríamos premer na tecra adiante para que chegase ao final.
As veces acertábamos e outras nos pasábamos ou nos quedábamos curtos, pero o que máis nos gustaba era poñerlle obstáculos e ver cómo os ía arrastrando e continuaba co camiño.
Acabamos compricando a experiencia seguindo a construcción para un lado, co cal o beebot tiña que xirar para non chocar...pero algún de nós preferiu non darlle á tecra de xirar porque era máis divertido velo chocar contra a barreira. Era imparable este robot...!
PROBOT, BEEBOT E OZOBOTS (4 e 5 anos)
Os compañeiros e compañeiras de máis idade exploraron na primeira sesión de intercambio os diferentes robots que temos na aula, e descubriron que moi pronto chegará un novo chamado "Eiro".
Descubrimos que o probot podía "debuxar" liñas seguindo o camiño que lle indicásemos.
Que os Ozobots podía seguir os camiño das diferentes liñas e "responder" ós diferentes códigos de cores que se lles indicase.
E, por suposto, axudamos ó Beebot a facer diferentes percorridos.
Noutra das sesións decididmos facer unha "carreira entre o beebot e o probot"... Cal gañaría?
Anotamos na pizarra canto queríamos que andivese o beebot e canto o probot, puxemos un número maior no probot porque todos queríamos que gañase.
Programamos tanto o beebot como probot coas cantidades que anotáramos.
E cando dixemos "xa" pulsamos á vez os dous botóns para que comezasen a "andar".
Pero non todo saiu como agardábamos, porque o beebot gañou, aínda que non chegou á meta... E iso que tiña "menos número" que o probot!!! que tería sucedido?
Iniciamos un diálogo no que cada que aportou a súa teoría, que fomos intentando probar. Ó final descubirmos que os "cadrados polos que andaba o beebot" (cadrados de 15 cm) era moito máis grandes que os "cadrados polos que andaba o probot" (1 centímetro)... por iso o beebot chegaba tan lonxe cun número tan baixo.
Acordamos que a solución sería poñer un número moito máis grande ó probot... e alguén propuxo poñer o número 1000.
E finalmente conseguimos que o probot "cruzase a meta" pero tivemos que paralo porque seguía camiñando.... comprobamos co metro que ata a meta había só "200" e que co 1000 pasaría da clase de Ángela.
Seguiremos a experimentar con estes e outros robots nas vindeiras semanas, e como sempre irémolo contando nestas entradas.
PARA FAMILIAS E MESTRES:
Se queres descubrir máis sobre os robots que empregamos na nosa aula, podes visitar esta web, no apartado de robótica: