(2016-2017) Planificación do traballo coas competencias: CMCT e CAA
Despois do falado na primeira reunión do PFPP, esta foi a planificación e acordos tomamos sobre o traballo no seminario.
SEMINARIO:
- Acordamos continuar coa competencia CMT (matemática) e CAA (aprender a aprender), unha vez rematadas seguiríamos co resto.
- Cada participante seleccionará os estándares prioritarios do proceso/aspectos relevantes, en tódalas áreas de tódolos cursos.
- Non ten porque haber ese proceso en tódalas áreas de cada nivel, é dicir non hai que buscar estándares en tódalas áreas dese proceso senón daquelas nas que se atpen. O que temos que conseguir é que entre tódolos procesos (feitos entre todos) consigamos que estean tódalas áreas representadas.
- Tedes que facerme chegar os estándares elexidos antes do 29-11-2016, para que os meta na aplicación. Podedes darmos ben "rodeados no papel" ou pasándome os códigos dos estándares que escolléstedes.
- A partir desa data, nas reunións do cuarto "martes do mes" marcaríamos o nivel de logro para cada proceso, de primeiro a sexto. A idea sería "sacar a adiante unha competencia por reunión"
Repartimos os procesos/aspectos relevantes de ámbalas dúas entre os participantes deste xeito:
- CMCT: Acceso á información: Ana (entregado, xa na aplicación)
- CMCT: Comprensión: María (entregado, xa na aplicación)
- CMCT: Aplicación: Yolanda (entregado, xa na aplicación)
- CMCT: Análise: Chus (entregado, xa na aplicación)
- CMCT: Síntese e creación: Susana (entregado, xa na aplicación )
- CMCT: Xuizo e valoración: Loli (entregado, xa na aplicación)
- CAA: Organinzar o propio porceso...: Paulo (entregado, xa na aplicación)
- CAA: Adquirir, procesar.... Merce (entregado, xa na aplicación)
- CAA: Buscar orientacións... Óscar (entregado, xa na aplicación)
- CAA: Apoiarse en experiencias.... Ángela (entregado, xa na aplicación)
- CAA: Ter motivación... Rosana (faino Óscar) (entregado, xa na aplicación)
(Entregado: foi entregado o documento ó coordinador cos estándares prioritarios, Xa na aplicación: foi introducido xa na aplicación no cartafol compartido polo coordinador)
Para facer máis rápido este traballo, se entrades na aplicación escolledes a pestaña de "perfil competencial" poderes filtrar os estándares que son da competencia, para poder revisar "só eses" en non todos os do currículum.
Para o traballo por se o necesitades, aquí podedes atopar os seguintes documentos:
- Explicación de que é cada proceso ou aspecto relevante: en PROGRÁMAME > PROGRAMACIÓN E CURRÍCULUM > PERFIL COMPETENCIAL > AXUDA SOBRE OS PROCESOS... descargará o pdf do que ou outro día vos din impreso.
- Os currículums sobre os que "escoller os prioritarios", podedes usar o "planning comparativo" de modo que os vexades de 1º a 6º, e se un é prioritario e 1º xa o tedes localizado no resto dos cursos, para xeralo entrades en PROGRAMAME >PROGRAMACIÓN E CURRICULUM > XERAR > PERFIL DE ÁREA > PLANNING COMPARATIVO.
No seguinte cartafol compartido en "google Drive" podedes descargar os pdf ós que antes facía mención, xerados xa desde a aplicación.
https://drive.google.com/open?id=0B7QFIdgrxRVcdEJrM2ZpNkx0VU0
Se queredes como "vai quedando en prográmame", tan só tedes que escoller ou cartafol que teñades (ou crear un novo), entrar en programación e currículum > perfil competencial e desde alí escoller (abaixo de todo) "copiar só perfil competencial" (e agardar un anaco a que o copie). Tede coidado de escoller esta opción e non a de "copiar programación e perfil de área, xa que neste caso reemplazaríase o que se teña feito de programación no cartafol)