(2016-2017) Recibimos a primeira carta de resposta do colexio de Xapón
Durante o curso pasado, puxémonos en contacto con varios colexios de todo mundo enviándolles unha carta. Se non te lembras podes velo na seguinte entrada:
(2015-2016) Escribimos cartas a colexios de todo o mundo
Pois ben, ó longo do verán recibiuse no colexio a resposta dos nosos novos amigos do colexio "Kitty international School" de Tokio, en Xapón, pero como estabamos de vacacións non puidemos descubrilo ata que comezamos o curso.
Os profes léronnos o que poñía nela, que estaba nun idioma moi raro. Xurdiron varias terías de que idioma podería ser: xapón, chinés... pero cando voltamos a ler de novo unha nota descubrimos que salía a palabra "HELLO" e outras que si sabíamos o que significaban... porque ESTABA ESCRITO EN INGLÉS!!! como o que nós falamos coa profe Loli.
Na carta os nosos novos amigos e amigas presentábanse cunha foto, tal como fixeramos nós na nosa, e algúns dos nomes non os escoitaramos nunca, porque claro estaban en xaponés. Tamén se presentaban todos os seus profes e nos enviaron unhas fantásticas manualidades con papel feitas por eles.
Penduramos todas as cartas que nos enviaron na parte reservada do mural para "Xapón", ó lado da que nos enviaramos hai meses en tres idiomas. Así que se queres ver o contido da carta que nos enviaron e todo o que alí pon, tan só tes que pasarte polo corredor de infantil para poder lela. Seguro que podes entender o que está escrito e inglés :)
Agora tan só nos queda pensar como respostarlle ós nosos amigos de Xapón... a ver que se nos ocorre.
Estes son tódolos colexios ós que enviaramos as nosas cartas.
Para docentes: A Unidade Didáctica Integrada, que planifica esta tarefa pode ser consultada na súa totalidade como UDI pública na aplicación prográmame de www.recursoseducativos.net.