(2016-2017) Continuamos a poñer ó día a nosa aula: encargados, carnets QR, rexistros, un "ola xigante" e moito máis...
Continuamos a poñer ó día a nosa aula, tal como xa vos contamos na anterior entrada deste blogue, despois de tanto tempo sen estar nela tiñamos aínda moitas cousas por facer para "poñela ó noso gusto", e ir integrando os novos compañeiros e compañeiras nas nosas rutinas.
FACENDO OS CARNETS QR:
Unha das primeiras cousas que tivemos que facer foi "crear os nosos carnets QR" cos que poder empregar o calendario online ou facer o préstamo de libros dos venres (servicios dispoñibles no recanto de infantil)
O primeiro foi pegar a nosa fotografía e nome no carnet.
Pegarlle logo o código QR na parte traseira e escribir a nosa sinatura. E por último estamparlle o selo da nosa aula "INFANTIL2"
Empregar a plastificadora era moi doado.... ata os elefantes poden usala sen problemas :)
Deste xeito xa tiñamos listos os nosos carnets QR para seren empregados cando o precisaramos.
ACTUALIZANDO O LIBRO DOS ANIVERSARIOS:
Coa chegada de novos compañeiros e compañeiras tivemos ir actualizando as datas do libro dos aniversarios, cada quen foi pegando a fotografía co número do seu cumpleanos na folla do mes que lle correspondía, a medida que os iamos descubrindo no calendario online, que podes ver na portada do recanto de infantil.
LEMBRANDO TODO O QUE TEN QUE FACER O ENCARGADO:
Ser o encargado de cada día é unha grande responsabilidade xa que entre outras cousas é o responsable de anota no calendario online e no de papel o tempo que fai, que falta ou non, ir tachando os días que pasan e sinalando aquelas datas destacadas. Menos mal que xa tiñamos feitos os nosos carnets QR e puidemos comezar a facelo.
Tamén reparte os nomes ós compañeiros e compañeiras...
... para que as "peguen" na escola, e así poder contar cantos viñemos cada día e cantos quedaron na casa, pegando o número que corresponda.
E ademais de escoller a tarxeta das "cousas e profes" que virán cada día, marcar o número, día e mes da data.... o encargado ten a función que máis nos gusta a todos e todas... a de decidir en que número da fila se colocará cada quen, cando saiamos da aula, e quen ocupará o último lugar, o posto máis codiciado, xa que será o encargado de apagar as luces e pechar a porta antes de marchar.
DESCUBRINDO O NOSO HORARIO SEMANAL:
Como comentamos antes, o encargado cada día escolle a tarxeta dos profes que "cousas" que sucederán ese día na aula.
Para poder contarlle ás nosas familias cando iremos ó pavillón, a informática, cando traballaremos cos robots ou outras moitas cousas... fixemos un libriño co noso horario semanal.
O primeiro foi recortar tódalas fotografías e iconas que iríamos precisar clasificándoas en diferentes "lugares"
Deste xeito cada día ímos completando a folla que corresponda no noso horario, pegando cada fotografía no lugar que lle corresponde. Os máis pequenos con axuda pero os maiores tentando "descubrir" onde vai cada unha "tentando ler" o que pon nos diferentes nomes e palabras.
Pegamos na porta a nosa foto de grupo, que levamos tarmén para casa, onde estampamos con letras o nome da nosa aula "INFANTIL 2".
UN CARTEL DE BENVIDA PARA OS NOSOS PAIS E NAIS NA SÚA REUNIÓN CO PROFE:
Despois de ler unha nota que levamos para casa, descubrimos que esa tarde virían os nosos pais e nais á nosa aula a unha reunión co profe.
Tras debatir un anaco pensamos que sería unha boa idea escribirlles un cartel de benvida, porque nós non estaríamos pola tarde para "recibilos".
O primeiro foi ir a buscar un "anaco de papel enorme" ó almacén... entre todos e todas démolo levado á aula.
Acordams escribir "OLA PAPÁS, MAMÁS E AVÓS", e así o plasmamos no mural.
Pintámolo con témpera coa colaboración de todos e todas, desde os veteranos de 5 anos ata os recén chechagos de 3 anos.... cada quen aportando o seu pequeno gran de area.
Tan só quedaba asinar o noso traballo... os nosos nomes estarían tamén no mural para que os nosos pais e nais soubesen quen o fixo, e quen os estaba a saúdar.
E así quedou rematado... prepradado para dar a benvida ás nosas familias.
Comezamos a explorar o que podíamos facer cos robots da aula... nesta ocasión nun dos intercambios os nenos e nenas de 4 e 5 anos traballamos cos Ozobots.
E tamén visitamos a aula de informática, onde no EDI sinalamos nunha foto xigante do noso grupo onde estabamos cada un de nós...
Aínda nos queda unha última semana de adaptación á aula, onde entre outras cousas, elaboraremos as normas da aula... pero iso xa o contaremos noutra entrada.