Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal
       

(2015-2016) Así creamos a nosa película de animación "O veleno máxico". Queres vela?

Como xa vos contamos anteriormente, para participar no Salón do Libro creamos "O VELENO MÁXICO" despois de levar a cabo unha investigación sobre as formigas e as arañas, nas aulas de Infantil 1 e Infantil 2.

Agora chegaba o momento de convertir esa historia na nosa película de animación, empregando a técnica de stop-motion, tal como tiñamos previsto desde o comezo das nosas investigacións.  (A película está dispoñible ó final desta entrada)

Podes ver estes pasos previos que deron lugar á creación desta película de animación nas seguintes entradas:

INFANTIL 1:

24/12/15: (2015-2016) Investigamos sobre as arañas

21/03/16: (2015-2016) Unha chea de arañas.. 

 

INFANTIL 2:

05/12/15: (2015-2016) Comezamos a investigar sobre as formigas para ter un formigueiro na aula 

24/12/15: (2015-2016) Investigamos sobre as Formigas: "xa temos o noso formigueiro" 

16/01/16: (2015-2016) Continuamos a investigar sobre as formigas respostando as primeiras preguntas 

19/03/16: (2015-2016) Rematámo-la nosa investigación sobre as formigas 

 

XUNTOS:

19/03/16: [Infantil xuntos] (2015-2016) Así creamos "O veleno máxico", a nosa aportación para o "Salón do libro"

09/04/16: [Infantil xuntos] (2015-2016) Visitamos e participamos nas actividades do Salón do Libro 2016

 

Para poder crear a nosa animación, estivemos visionando nas aulas diferentes curtamentraxes elaboradas con esta técnica e con plastilina, tal como o faríamos nós coa nosa película. Todos eles están dispoñibles nos vídeos do noso recanto de INFANTIL. Alí tamén atopamos varios vídeos que explicaban como se facían este tipo de películas.

 

 

Agora que xa tiñamos claro como se fai unha película con stop-motion, e con todo o que xa aparenderamos o curso pasado coa creación da nosa película de cine mudo "O MAPACHE TOLO", xa podíamos poñernos mans á obra.

 

CREAMOS OS FONDOS E O STORY-BOARD DA NOSA PELÍCULA:

Cando creamos o noso libro "O VELENO MÁXICO" debuxamos os fondos pensando en que logo os empregaríamos na nosa animación.

 

Emtre todos fomos debuxando o coloreando os escenarios das diferentes escenas que aparecerían na nosa película, a partir da historia que xa tiñamos creada. Ese sería o guión que seguiríamos.

 

A partir do guión (que era a propia historia do noso libro "O VELENO MÁXICO") creamos o STORY-BOARD da nosa película, divíndoo en diferentes escenas, e contando o que debería suceder en cada unha delas.

 

 

PLANIFICAMOS O TRABALLO CO "PLAN DE RODAXE"

Creamos un gran calendario, indicando os días nos que cada un dos equipos cooperativos tería que rodar a escena da película que lle fora asignada. 

 

Cada un dos equipos foi pegando na data que lle fora asignada a foto do mesmo, o nome do equipo e escribindo o número da escena que lle tocaría rodar.

 

Indicamos tamén no noso plan de rodaxe, cando engadiríamos a música, as voces e faríamos a montaxe da nosa película.

 

Pegamos tamén, no plan de rodaxe, tódalas escenas do Story-board, para poder telas sempre a man e saber o que nos tocaba rodar cada día.

 

Tan só faltaban uns últimos detalles e o noso plan de traballo quedaou listo para comezar a rodaxe.

 

Puxémolo no corredor para poder consultalo cando fose preciso, e así tamén todos os nosos compeñeiros e compañeiras poderían saber en que estabamos a traballar en cada momento.

 

 

CREAMOS AS PERSOAXES, O ATREZZO, O ESCENARIO E O SET DE RODAXE:

A partir do vídeo que mencionamos anteriormente, descubrimos que facían falla unha serie de elementos para facer unha película de animación con Stop-motion.

Puxémonos mans á obra e creamos as persoaxes da película con plastilina.

 

Tamén creamos os diferentes elementos de atrezzo que iamos precisar nas diferentes escenas.

 

Preparamos o noso SET DE RODAXE, cun fondo verde (que xa sabíamos que se chamaba chroma) para logo poder cambialo "con efectos especiais" polos fondos que xa tiñamos debuxado.

 

E por suposto, preparamos o escenario creando un formigueiro con terra. Agora xa estaba todo listo para comezar a rodaxe.

 

 

COMEZAMOS A RODAR:

Seguindo o plan de traballo, cada día o equipo que lle tocaba rodaxe, ía verificar no mesmo cal era a escena que lle tocaba rodar. Estas escenas non as fomos rodando na orde na que aparecerían na película, xa que logo habería que montala ordeándolas, como xa sabíamos da nos rodaxe do "Mapache tolo".

 

Preparaba o material que precisarían e acordaban como ía "plasmar a escena".

 

Acordando tamén por onde ían a ir movendo as perxonaxes para contar esa parte da historia. 

 

Organizáronse para ir tomando fotografías, unha a unha das persoaxes en diferentes posicións.

 

Había que ter moito coidado para non mover a cámara co trípode, dentro dos equipos cooperamos e axudámonos para que quedase o mellor posible.

 

E asi unha a unha foron tomando unha chea de fotografías ata completar a escena.

 

Nalgúns casos, como na escena da tea de araña fixemos as fotografías "en orde inverso", cortando anacos da tea de araña... logo xa co ordenador faríamos a animación para que parecese que a araña ía construíndo a tea sobre a árbore.

 

Finalmente para cada unha das escenas cada equipo fixo en torno ás 20-30 fotografías.


CONVERTIMOS AS FOTOGRAFÍAS NUNHA ANIMACIÓN: 

Despois de cada sesión de rodaxe, cando xa tiñamos tódalas fotografías, empregamos un programa informático para convertilas nunha animación... facendo pasar as fotografías moi rápido.

Coa axuda dos profes engadímoslle tamén os fondos que tiñamos feitos en lugar do "chroma de cor verde"... tal como fixeramos na pelicula de Chpalin o curso pasado. 

 

Despois de varios días de rodaxe, por fin tiñamos as escenas da nosa película listas, tan só faltaba ordelas unha despois das outras, cada equipo foi o encargado de ilas colocando no lugar que lle correspondía segundo o guíon e o story-board.

 

Engadimos tamén, antes de cada escena, as fotografías do texto que tiñamos no noso libro "O VELENO MÁXICO".

A película xa estaba lista, pero aínda lle faltaba unha parte mo importante... as voces que ían contar a historia. 

 

 

GRAVANDO AS NOSAS VOCES PARA A PELÍCULA:

Montamos un improvisado estudio de gravación, na sala de usos múltiples do colexio, onde proxectamos a nosa escena e fomos grabando, cada un dos equipos, as voces correspondentes ó texto que aparecería contando a súa historia.

 

 

 

AÍNDA FALTA ALGO: A MÚSICA, E OS EFECTOS SONOROS

Xa coa película montada, e coas voces postas visualizamos todos xuntos por primeira vez como quedara. Despois de debatir un anaco démonos conta de que faltaba aínda por engadirlle os efectos de sonido, que tiñan que aparecer cando sucedían determinados feitos.

 

Pareceunos moi boa idea a que comentou un compañeiro, que era empregar instrumentos para ir facendo os efectos de sonido, poderíamos gravalos co teléfono, como xa fixeramos coas nosas voces.

Propuxemos que as maracas poderían empregarse cando se movesen as formigas.

 

As claves cando a araña texía a súa tea.

 

O pandeiro cando a toupa destrozaba o formigueiro

 

E o carrillón, que pedimos prestado na aula de música, cando a formiga raíña subía polo tronco da árbore ata a tea de araña.

 

Engadimos tamén unha música de fondo.

 

 

REMATANDO A PELÍCULA: CREAMOS O TÍTULO E OS CRÉDITOS FINAIS:

Novamente, xa cos efectos de son incorporados á película, voltamos a vela completa todos xuntos. Descubrimos que aínda nos faltaba algo máis, que era o título e o final.

 

Para facer o título decidimos que nos "apareceríamos animados con stop-motion" como as persoaxes da historia, poñendo unha a unha as letras do título.

 

Nun improvisado set de rodaxe, moito máis grande que o da película, fomos tomando fotografías de cada unha das letras.

 

Con estas imaxes montaríamos unha animación para poñer o título.

 

E para o final tamén creamos un stop-motion, neste caso facendo que aparecese a palabra FIN, escrita con tapóns. Para elo fomos quitando varios tapóns de cada vez e tomando fotografías... logo xa as poríamos ordeadas para que parecese que a palabra se ía escribindo.

 

 

 

POR FIN REMATAMOS!!! A PELÍCULA ESTÁ LISTA PARA ENSINARLLA A TODOS E TODAS:

Agora si, unha última proxección para todos e todas e por fin a nosa película estaba remata.... así de contentos nos puxemos cando a vimos completa.

 

 

DAMOS A COÑECER A NOSA PELÍCULO Ó MUNDO, PUBLICÁNDOA NO "CERVO DIXITAL"

Agora tan só quedaba pensar como "contarlle a todos e todas" que a película estaba lista para que a puidesen ver. Ademais dunha proxección pública para as familias, da que xa vos daremos máis detalle, decidimos publicala no "xornal online do colexio" (O CERVO DIXITAL) ... así que dictámoslle á profe o texto que debería aparecer no artigo e insertámola película.

 

Así quedou a nosa publicación no "CERVO DIXITAL" no apartado "a voz da escola".  (fai click sobre ela para poder vela)

 

 

E VELAQUÍ A TEDES... AGARDAMOS QUE VOS GUSTE COMO NOS QUEDOU:

 

Se queres voltar a ver o libro que creamos, e do que partimos para facer esta película, podes velo de seguido facendo click na súa portada:

 

 

 

Acceso rápido

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Formación do profesorado

Proxectos T.I.C. do centro

Eleccións ó Consello Escolar

Eleccións ó Consello Escolar
Infomación do proceso

Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 10 invitados conectados.