(2015-2016) Participamos nunha visita a Apípolis
O pasado martes 29, visitamos Apípolis, en Xeve.
Como este curso o Salón do Libro xira en torno aos bichos, e en infantil investigamos sobre arañas e formigas, e en 1º e 2º sobre abellas, ben merecía unha visita a este lugar tan fantástico, no que o pasamos de maravilla e de paso, aprendimos algunhas cousiñas.
Así que para alí partimos, con algunha que outra baixa, pois algúns compañeiros non puideron vir, por culpa da varicela.
Unha vez chegamos a Apípolis,
e despois de presentarse os monitores, nos contaron unha historia moi divertida, sobre unha abella e un rapaz chamado Moncho.
A partir de aquí, nos dividimos en tres grupos, un de cada cor, e co seu monitor, para participar nas distintas actividades:
EXPOSICIÓN
No pequeno "museo" que teñen en Apípolis, vimos moitas fotografías e carteis, sobre o mundo das abellas. Aquí Nicolás, nos está falando da abella raíña, o zángano e a abella obreira.
Tamén había panais, nos que debíamos atopar á abella raíña, que estaba marcada cun punto branco.
unha enorme colmena...
e ata as esculturas dun oso e a súa cría, ós que lles gusta moito o mel.
NOS VESTIMOS DE APICULTORES
Outra das actividades consistiu en poñerse o traxe de apicultor/a e estar moi moi pretiño das abellas, sen que nos picasen, xa que estabamos moi ben protexidos.
para elo, os monitores puxeron moito empeño e atención para que todo estivera perfecto e non houbese ningún peligro para nós.
e alá fomos....incluídos os profes, que non se querían perder esta experiencia.
Pouco a pouco foron saíndo as abellas das súas colmenas e panais e tivemos que seguir as instruccións que nos indicaran os monitores: estar moi quietiños, cos brazos baixados e non tocar a cara, que aínda que estaba protexida, non se podía pegar á tea transparente que a cubría.
Algún/ha que outro/a pasamos algo de medo cando se nos achegaban as abellas, aínda que sabíamos que non nos picarían...
E antes de pasar a outra actividade, por suposto, unha fotiño de grupo, para que quede de recordo.
SACAMOS MEL DUN PANAL E FACEMOS UNHA CANDEA
Myriam nos explicou cómo fan os apicultores para extraer o mel dos panais.
As distintas celdas do panal están cubertas por cera, tapando o mel, e hai que separalos, para logo
meter o panal nun bidón, que despois de darlle moitas voltas a unha manivela
permite que saia o mel, que pasa antes por un colador, por si houbese algún resto de cera.
e así, con axuda da monitora, envasamos o noso tarriño de mel para levar a casa como agasallo, xunto coa candea, que tamén fixemos a continuación.
sen olvidarnos de meter dentro o fío que será a mecha da candea.
OBRADOIRO DE COCIÑA- FACEMOS GALLETAS DE MEL
A última actividade consitiu en amasar e dar forma á masa elaborada polos compañeiros de primaria, que levaba, fariña, mantequilla, levadura, azucre e mel.
Alicia, a monitora nos cantou unha canción para recordar os ingredientes da receita e fixemos uns pasos moi divertidos para amasar ben as nosas galletas, catro trociños de masa para cada un de nós.
e...para o forno. En canto saíron, as repartiron entre todos nós para levar tamén como agasallo a casa.
O pasamos todos xenial e non paramos en toda a mañán...tiñamos moito que contar en casa!!
...e na escola tamén, xa que moitos compañeiros non puideran vir.....así que nos días seguintes á saida elaboramos un pequeno mural expositivo e informativo, con fotografías e pequenos textos explicando en qué consitira a visita a Apípolis.
E listo!... no corredoiro de infantil para quen lle poida interesar!