(2015-2016) Isto aconteceu en febreiro na aula
O pasado mes estivemos inmersos en moitas propostas e aventuras.
-Cambiamos de equipos cooperativos, agrupándonos con novos compañeiros.
Como sempre facemos, nos reunimos para decidir un nome de grupo, escribilo, e facer un debuxo que o representase. Nesta ocasión non buscamos en internet unha imaxe representativa para imprimir e pegala pois non tiñamos ordenador na aula, polo que este paso non o levamos a cabo.
Os novos equipos son:
XOANIÑA
FROZEN
CHUPATIGRES
BOLBORETA
Tamén formamos o nome do equipo en letras móviles para así telo ben clariño cando necesitásemos copialo nos rexistros.
-Continuamos a ampliar os nosos murais dos animais
propoñendo cada día o encargado qué animal pegar no mural correspondente, despois de ler no diccionario e cando podíamos, mirar en google fotos e algún video.
Tamén o engadíamos ó noso dossier individual.
De cando en vez facemos algún rexistro, así que non podía faltar o seguinte: "me gustan os animais" (13) ou "non me gustan" (1).
para pasar a formar parte do noso recanto dos rexistros, que a veces observamos e consultamos.
-Creamos a nosa "árbore das familias", como cada curso vimos facendo, para engadir as fotos de familia dos compañeiros de 3 anos.
Para elo, unha mañá cando chegamos a clase atopámonos con moitas fotografías en branco e negro de árbores.
Despois de falar de cales nos gustaban máis, cada un de nós votou polo que máis lle gustaba para reproducir en tamaño grande e colocar nel as nosas fotos de familia.
Un a un fomos votando, anotando cunha raia no que elixíamos para reproducir.
E así a árbore máis votada foi a das follas en forma de corazón.
Antes de reproducilo, cada un tamén elixiu un para pintar con témpera, e aínda que a moitos volvimos coincidir co votado, outros se atreveron con árbores distintas.
Logo comezamos coa árbore de grupo, pintando primeiro o tronco
Fixemos moitos corazóns de distintos tamaños e cores para completalo
Xa rematada a árbore e pegadas as fotos,
fomos pegando as nosas árbores pequenas para rematar de decoralo.
-Recibimos de regalo para a aula algúns libros e contos, que a familia de Álvaro nos trouxo pois xa non os usaban, e tamén uns puzzles da mestra Yolanda.
Así que lles escribimos una pequena cartiña de agradecemento.
Para Yolanda
E para a familia de Álvaro
Estes contos pasaron a formar parte do rexistro dixital que temos na aplicacion da web, na biblioteca, así que había que etiquetalos co seu número correspondente.
-Psicomotricidade-continuamos a traballar co corpo, o espacio, os obxectos, os sons, o ritmo, o equilibrio...de moitas maneiras diferentes.
Con pelotas, lanzando co pé tratando de derribar algún cono.
lanzando contra a parede, a un compañeiro,..botando, sen botar...
facendo circuitos que tanto nos gustan, basados en historias sobre animais e aventuras.
Unhas veces nós sos e outras cunha parella, coordinándonos con ela para salvar todos os obstáculos.
carreiras seguindo unha serie de consignas.
-Seguimos coas nosas sesións de pintura de témperas
o símbolo da paz
a bandeira de Xapón, pois é un dos países cos que facemos correspondencia.
Seguindo consignas dadas, como neste caso que a consigna era a seguinte:
Un círculo grande, catro medianos e seis pequenos.
Tamén continuamos con outras tarefas e actividades rutinarias:
anotando o libro para casa, aínda que este mes sen facelo no ordenador, só no noso libro.
e axudándonos entre nós, cando era preciso.
*Escribindo no noso diccionario as palabras da semana
*Pensando e razoando co robot Bee-bot
*Observando o crecemento da nosa pranta da landra
e medindo para anotar nun rexistro
Tamén nos visitou un caracoliño que trouxo un compañeiro, ó que non lle faltaba comida.
E isto foi todo! Ata pronto!