Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal
       

(2015-2016) Rematámo-la nosa investigación sobre as formigas

Podes ver os pasos previos deste proxecto de traballo e investigación nas seguintes ligazóns:

05/12/15: (2015-2016) Comezamos a investigar sobre as formigas para ter un formigueiro na aula 

24/12/15: (2015-2016) Investigamos sobre as Formigas: "xa temos o noso formigueiro" 

16/01/16: (2015-2016) Continuamos a investigar sobre as formigas respostando as primeiras preguntas 

07/02/16: [Infantil xuntos] (2015-2016) Confeccionamos os disfraces nun obradoiro coas familias e participamos na festa do Entroido

06/02/16: (2015-2016) Preparámo-la chegada do Entroido deseñando o disfraz de formiga e moito máis. 

 

Despois de estar varias semanas traballando sobre o noso disfraz de formiga para o entroido, cos descubrimentos que xa fixéramos (podes ver as entradas correspondientes no texto superior); chegou o momento de dar resposta ás últimas preguntas que nos quedaban pendentes na nosa investigación sobre as formigas. 

 

COMO CONSTRÚEN OS TÚNELES AS FORMIGAS?

Para respostar a esta pregunta atopamos un texto impreso onde falaba dos formigueiros. O profe foi lendo o que poñía e cando escoitábamos algo que nos servise de resposta a esta pregunta pedíamos que o voltase a ler, para poder así  comentar o que dicía.

Nel poñía que as obreiras escababan os túneles empregando a súa boca a modo de "trulla" que, como no sabíamos o que era tivemos que buscar en internet para descubrir que se trataba dunha "paleta" con punta, moi parecida á boca das formigas.

 

Dramatizamos como fan as formigas obreiras para "excavar" os túneles coa boca, "picando", cortando as raíces e sacando fora do formigueiro as pedras que sobraban "coa boca".

 

Así plasmamos esta sorprendente resposta no noso mural da investigación. Agora xa entendemos porque as formigas obreiras teñen esa bocan tan "diferente" que remata en punta.

 

 

QUE COMEN E BEBEN AS FORMIGAS?

Para respostar a esta última pregunta visionamos varios vídeos de formigas comendo e bebendo.

 

Fomos anotando nun listado tódalas "cousas" que vimos ían levando as formigas ó seu formigueiro.

 

Cada un dos equipos cooperativos asumiu a responsabilidade de buscar entre toda a información que tiñamos, e incluso no ordenador se non aparecía, algún dos alimentos que tiñamos anotado na listaxe.

 

Cada un dos equipos acodou que imaxes das que atopou pegaría no seu "anaco de papel", como e onde o ían facer, e como escribirían o nome do alimento.

 

Para finalmente, cada un dos equipos, poder pegar a súa "aportación" o panel da investigación.

 

Deste xeito, entre todos e todas, demos anotado unha chea de cousas que poden comer e beber as formigas, segundo o tipo de formigas das que se trate.

 

Por certo... as formigas do noso formigueiro son das que se alimentan de grans e sementes. 

 

 

A medida que fomos atopando as respostas ás preguntas que faltaban, escribimos ó seu lado a palabra "SI"... ó final conseguimos dar coa resposta a todas elas.

 

E esta foi a distribución do traballo durante a investigación, en gran grupo e en equipos cooperativos.

 

Por fin estaba rematada a nosa investigación, con estas últimas aportacións ó mural.

 

Puxémonos mans á obra para ir anotando nos nosos dosieres persoais todos estes descubrimentos.

 

Os nosos dossieres rematados levámolos para casa ó rematar este trimestre.

 

 

Incluíndo un código QR que experimentamos na aula, para así poder contarllo ás nosas familias.

 

 

Coa nosa investigación xa rematada, tan só nos resta  ademais de continuar co coidado e observación do noso formigueiro, rematar o dossier individual para contar ás nosas familias tódolos descubrimentos e, por suposto, poñernos mans á obra para crear a nosa animación en "stop-motion", pero iso xa o iremos contando en próximas entradas.

 

 

Acceso rápido

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Formación do profesorado

Proxectos T.I.C. do centro

Eleccións ó Consello Escolar

Eleccións ó Consello Escolar
Infomación do proceso

Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 3 invitados conectados.