(2015-2016) Coñecendo a vida dos nenos refuxiados de Siria polo Día da paz
Este curso para celebrar o Día da Paz descubrimos como é a vida dos nenos e nenas que viven nos campos de refuxiados en Líbano, fuxindo da guerra en Siria. Para elo visionamos uns vídeos onde varios nenos e nenas nos contaban as súas experiencias.
E tamén vimos este outro vídeo sobre a importancia da auga na vida das persoas, especialmente nas zonas en conflicto do mundo, como no caso de Siria.
Como falaban en outro idioma os profes foron léndonos ó que poñian os subtítulos que tiñan escritos debaixo. Estivemos comentando o que parecía todo o que contaban os nenos e nenas, e analizamos o que podíamos ver no vídeo sobre a como era agora a súa vida.
Para plasmar todo o que "descubrimos" da vida destes nenos, e das razóns de que agora vivan deste xeito, escribimos por equipos, debaixo das súas fotos, o que contaban nos vídeos.
Para logo pegalos no corredor, para que todos e todas puidesen coñecelos.
Outro equipo foi o encargado de localizar Siria, onde había a guerra, e Líbano, onde estaba o campo de refuxiados, nun mapa.
Que logo engadiron no noso mural sobre os "nenos e nenas refuxiadas de Siria".
E así quedou o noso mural rematado.
Debaixo das fotografías dos nenos fomos escribindo algunha palabra que nos lembrase o que nos contaran: FRÍO, ALEGRÍA, TRISTEZA, TRANQUILO... GUERRA.
Para participar na celebración do día da paz, desde a Biblioteca escolar, plantexósenos que escribísemos unha palabra sobre a PAZ para logo intercambiala por poemas que fixeran outros compañeiros e compañeiras.
Cando as rematamos os de INFANTIL 2 levámolas á Biblioteca, mentras que os de INFANTIL 1 decidiron levalas o mesmo día da celebración do Día da Paz, para facer o intercambio.
O venres 29, tal como tiñamos anotado nos calendarios da aula, tivo lugar a celebración do do Día da Paz na biblioteca do colexio, onde compañeiros e compañeiras de outros cursos foron contándonos histórias, léndonos poesías e onde cantamos algunhas cancións sobre a paz.
Pola nosa parte contámoslle todo o que descubríramos de como era a vida nos campos de refuxiados en Líbano, amosándolles algunhas fotografías e, por suposto, o mesmo vvídeo que miráramos na aula.
Rematamos a celebración intercambiando as nosas palabras de paz por poemas, que había no tendedeiro.
Levando para casa o poema que outros compañeiros e compañeiras escribiran sobre a paz.
De seguido podes descargar, como arquivos adxuntos, os diálogos resultantes de "xogar a pensar" con estes vídeos, nas dúas aulas de Educación infantil
Adxunto | Tamaño |
---|---|
xogar_a_pensar_refuxiados_siria_EI2.pdf | 80.5 KB |
DIÁLOGOS DA PAZ-EI1.odt | 15.66 KB |