F....de FANTÁSTICO....X de XENIAL...RAÚL VACAS NA NOSA BIBLIOTECA ESCOLAR
F...de FANTÁSTICO...X....de XENIAL, así foi Raúl Vacas na nosa biblioteca de DORA LECTORA.
Ímos contarvos un pouquiño:
Esta persoa que vos presentamos aquí é....RAÚL VACAS..
Podería ser un contacontos, un vendedor de productos que aquí tedes...pero NON, NON NON....trátase do autor do poemario " ABECÉ DIARIO" que, como sabedes estamos a traballar na HORA DE LER, neste 2º trimestre no plan anual de lectura.
O proxecto da biblioteca de escola, EMOCION-ARTE na biblioteca achéganos neste 2º trimestre ó POEMA-ARTE, e dende logo o inicio non puido ser millor, verdade?
Raúl acodeu a visitarnos o pasado 12 de xaneiro á biblioteca, e pasamos unha maña do máis agradable na súa compaña coñecendo un pouquiño mais en torno á súa obra. QUE ORIXINAL, recomendable totalmente!!!
Cando chegou, recibímolo coas paredes da biblio cheíñas dos seus poemas, que xa nalgunhas aulas estiveran a descubrir. A rapazada de 3º curso fíxolle un divertido poema e presentación...
Son divertidísimos por certo....non vos perdades o seu libro....
E, logo pasamos a escoitar á nosa estrela, que nos deleitou con recursos para traballar e coñecer a lingua, con poemas sonoros e frescos, e ata con raps, que...vaia como rapeamos todos e todas!!!
Mirade, mirade que cariñas de alelados e aleladas tiñamos escoitándoo e disfrutando dos seus xogos de palabras, números, rimas...unha maravilla...
Mil e un recursos para disfrutar, aprender e poñer en práctica, en fin....un día para recordar na nosa biblio...
E, por último, ata dedicatorias temos nos libros que amablemente nos firmou...non o deixamos respirar...
Mil grazas Raúl!!! Volta axiña!!!