(2008-2009) PINTAMOS POR EQUIPOS E XOGAMOS A PENSAR COAS NOSAS OBRAS
No mes de marzo fixemos unha experiencia plástica e artística que derivou noutros contidos igualmente interesantes e necesarios, e contemplandos no currículo de Educación Infantil.
A mestra deu a idea de organizarnos por equipos e compartindo uns materiais (témperas, pinceis e un trozo de papel) e un espacio, limitado, crear unha obra artística, inicialmente de estilo abstracto, non figurativo, dado que todavía nos estábamos familiarizando con este tipo de arte.
Unha vez finalizada a obra, tratábase de “xogar a pensar” cos nosos cadros para apreciar ou darnos conta de que con este tipo de arte tamén nos expresamos.
Os obxectivos perseguidos con esta experiencia.
-Traballar por equipos, aprendendo a organizarnos nun espacio e cun material estipulado, a compartir e a tomar decisións sobre qué facer.
-Tratar de comprender que este tipo de arte é unha forma de expresión, de comunicar, e que podemos con ela expresar ideas, emocións, intencións, contar historias.
-Fomentar e potenciar o pensamento reflexivo e creativo, xogando a pensar sobre o que nos transmiten estas obras, elaborando hipóteses, chegando a conclusións.
Ademáis destacar que se traballaron contidos como: cores e formas, a limpeza da aula e a nosa propia (limpando ó rematar pinceis, mesas, mans), a expresión oral (falando do que vemos, argumentando, aprendendo novo vocabulario), a creatividade.
E todo a través dunha aprendizaxe cooperativa, é dicir a partir de distintos tipos de agrupamentos e respetando as aportacións de cada un.
A organización por grupos, xurdiu espontáneamente, de maneira natural, e os primeiros en comezar foron:
Iago, Pablo e Raúl:
E esta foi a súa obra final:
O 2º equipo foi o de Yaiza, Sara e Antonio:
E este foi o resultado:
E por último o equipo de David, Ana e Aroa:
Vos preguntaredes por qué os cadros teñen forma de cadrado, círculo e triángulo.
O fixemos así porque unha vez rematada a experiencia a idea, era decorar a clase con eles e qué mellor que coas formas xeométricas que estamos a traballar, así sería máis motivador para recordalas.A segunda parte da experiencia consistía en "xogar a pensar" coas nosas obras, e esto foi o que aconteceu.
¿QUÉ VEDES NO CADRO?
- -Un conexo e un tigre (Sara).
- -Un gato jugando con ardillas (Aroa).
- -Un cabalo, unha leona e un jabalí que morreu (Raúl).
- -Unha serpe comendo coellos pequenos (Pablo).
- -Choiva (Anxo).
- -Ventás (Raúl).
- -Un porquiño, e veu un jabalí e mordeulle (Yaiza).
- -Una casa, tiene 2 vacas (David).
- -Un lagarto, e unha culebra e un oso (Antonio).
- -Lume, arde unha casa. E auga (Ana).
POÑEMOS UN TÍTULO
- -"TIGRE PELEXANDO".
- -"ARDILLAS".
- -"CABALO".
- -"CASETA".
- -"TABLA".
- -"FOTOS".
- -"PAPEL".
¿QUÉ VEDES NO CADRO?
- -Un muñeco na cuna (Ana).
- -Un perro (Aroa).
- -Un coche marchando á praia, pillou a un conexo (Yaiza)
- -Unha roda dun coche (Raúl).
- -Unha leona, un cabalo e un león (Iago).
- -Un sol, un lobo, un coche, unhas mans, un bebé (Sara)
POÑEMOS UN TÍTULO
- -"DURMINDO".
- -"PERRO".
- -"PELEANDO".
- -"BEBÉ CON COCHE".
- -"BÚFALOS".
- -"FUEGO"
NESTE CADRO VEXO:
- -Unha serpe (Anxo).
- -Un camión levando leña (Raúl).
- -Una vaca, hace mú, está comendo herba (David).
- -Un conexo matado, unha serpiente, un lagarto, un neno (Sara).
- -Animais: unha cabra montesa, unha leona e un cabalo (Iago).
- -Un coche con tres conexos (Yaiza).
- -Unha nube, unha lúa e unha casa (Ana).
POÑEMOS TÍTULOS:
- -"CASA CON CERDO".
- -"CABRA".
- -"RAPACES XOGANDO FORA".
- -"CABALLO".
- -"VACA".
- -"NENO COMENDO NA CASA".
- -"CAN PEQUENO".
Este tipo de actividade nos achegou máis ós intereses dos nenos e nenas, quedou claro que ós da maioría son os animais e polo tanto nos cadros veremos o que nos interese ver, pois se trata dun exercicio de imaxinación e pouco a pouco, tamén de reflexión.
É unha experiencia previa ó que realmente é a FILOSOFÍA PARA NENOS/AS, pensar e falar sobre cousas da vida, que unha vez familiarizados, desenvolveremos e próximas experiencias.
Aprendimos que os títulos dos cadros, ó igual que os dos libros e contos, son un resumo en poucas palabras do que se trata de expresar e polo tanto sempre hai algunha relación entre ambos.