OS NOSOS XORNALISTAS VISITAN O DIARIO DE PONTEVEDRA E A REDACCIÓN DE PONTEVEDRA VIVA
Continuamos, continuamos....
Nesta ocasión, dándolle camiño a este novo proxecto no que estamos inmersos que é a edición de un XORNAL dixital. Para ter información de primeira man fixemos unha saída para coñecer máis "in situ" como funcionan a prensa" por dentro".
E, chegando á vila, alá imos á redacción do Diario de Pontevedra, na rúa Lepanto, onde moi amablemente nos explicaron aspectos como:
-Antiguidade do Diario de Pontevedra.
- Formato empregado.
- Lugar onde se imprime.
- Nº de lectores aproximado que ten.
- Seccións e organización dos artigos.
( Se queredes saber, pois pasádevos polas aulas de 5º e 6º curso que deben ter todo ben anotadiño...).
Alí estivemos vendo a trasformación que tivo o Diario de Pontevedra ata chegar ós nosos días onde hai maior cor e menos texto cousa que antes non era de ese xeito, así como un menor tamaño das follas, que o fan máis manexable.
Tamen vimos algunhas portadas moi relevantes, das que vos deixamos algunha foto. Estivemos ollando os números encuadernados todos seguidiños e de algunhas noticias, as profes acordábanse...xa choveu....
O sábado día 5 de decembro saíu a nosa visita publicada no apartado de Sociedade nas páxinas finais do xornal por se queredes velas.
Aí van unhas fotiños.....
Tras abandonar a sede do Diario de Pontevedra procedemos a visitar as instalacións de un XORNAL DIXITAL que está a ter moi boa acollida na cidade, que se denomina " PONTEVEDRA VIVA".
Amablemente nos contaron como funciona un xornal que non se imprime senon que só se fai de forma electrónica cousa que nos interesou moito. Ademais fixemos unha entradilla e ó pouco xa estaba a nosa nova integrada no xornal dixital, e fíxonos moita ilusión: FALABA DE NÓS E FIXERÁMOLA NÓS....que chachi!!!!
Tamén en "Pontevedra Viva" teñen pensado facer unha radio, e visitamos o estudo que están a por en marcha...que gozada!!! O mundo da comunicación encántanos!!!.
Seguiremos retransmitindo novas!!!
Ciao!