(2015-2016) Vos contamos algunhas cousas que sucederon no mes de novembro.
No mes de novembro, como continuación das tarefas levadas a cabo polo samaín, afondamos un pouco máis no tema do "medo" e os "medos" de todos nós.
Levamos a cabo unha serie de diálogos, partindo de contos como "Onde viven os monstros" ou "A bruxa regañadentes", para acabar falando dos nosos medos:
-Bruxas, zombis, monstros, vampiros.
-A morte.
-Os cans, o meu can que ladra moito, os cans que non son meus.
-Os lobos.
-Os toros.
-As serpes.
-As arañas.
-Dinosaurios.
e algúns máis...
A profe propúxonos preguntar aos compañeiros/as de primaria polos seus medos, anotándoos, e facer unha estatística para rexistrar e comprobar a qué lle teñen máis medo na nosa escola.
Pareceunos boa idea e millor idea aínda o de visitar a clase dos maiores para ir contarlles o que íamos facer.
Unha vez recopilados todos os medos, os limos e axudamos ós profes a buscar en internet imaxes para cada un deles.
E o último paso foi rexistralo no mural do corredoiro. Pegando un cadrado verde no medo correspondente, escrito por cada neno/a.
E..sabedes qué? iso o qué máis nenos/as lle teñen medo son...os vampiros!!
Ademáis, tamén creamos caras monstruosas, debuxadas en pratos de cartón
E como o conto do "Sacapenas" nos gusta tanto, un compañeiro propuxo elaborar sacapenas para nós e para outros nenos do cole, para axudar a facer frente a eses medos.
E alí os puxemos tamén, xunto coas caras monstruosas, para quen quixera levar algún.
No mes de novembro tamén continuamos con algunhas tarefas rutinarias como:
*O diccionario
*xogos co beebot, (neste caso tiñamos que conducir ó beebot a un tipo de can-das tarxetas que temos feitas doutro proxecto no que participamos- que un compañeiro nos dicía e logo buscar a súa parella e levar onda ela ó beebot).
*completar o calendario cos feitos máis destacables do mes, para logo contalos na casa.
*xogo e interacción cos compañeiros
*pintando coa témpera
no noso block de debuxo, seguindo unha serie de consignas
(debuxar tres círculos cunha plantilla, escoller catro cores, pintando cada círculo dunha cor distinta e o fondo do folio coa cor restante ou facendo un camiño con ela).
Ou pintando nun mural conxunto, como facemos nalgunhas ocasións, coa única consigna de respetar o feito polos compañeiros. Esta vez escollimos cores otoñais
Coa obra resultante, decoramos a nosa mesa dos proxectos e da natureza.
*sesións de psicomotricidade
Levando a cabo diversos xogos e exercicios de coordinación, coas pelotas de tenis.
con pelotas de baloncesto,
desprazándonos de distintas maneiras e con distintas posturas
facendo percorridos arrastrándonos e gateando, alternando perna e brazos contrarios, para potenciar a coordinación xeral e a lateralidade.
Seguindo percorridos e circuitos, a través de historias fantásticas relacionadas co traballado en cada momento.
*Sesións de intercambio de grupos por idades
manipulando coas regletas, para facer letras con elas, como a letra I.
contando distintos elementos manipulados
e emparellando os pratos coa mesma cantidade
reforzando os conceptos máis cantidade, menos..xogando coas cartas da baralla
clasificándoas por paos
compretando a serie numérica en cada un dos paos.
*visitas á bilioteca do centro
Seguimos asistinto semanalmente á biblioteca, na que escoitamos un conto sobre o que traballamos e desfrutamos dos libros e contos que non temos todos os días na aula. Ademáis, unha vez ó mes tamén levamos prestado un libro para casa.
Ademáis tamén pouco a pouco imos iniciándonos no uso dalgunhas ferramentas do noso ordenador, como copiar e imprimir imaxes, como no caso das obras creadas con materiais da natureza
que imprimimos e pegamos no noso mural do outono.
Tamén asistimos á biblioteca do centro para participar nun contacontos feito por alumnos de 6º de primaria, con motivo da celebración do día da igualdade entre homes e mulleres e a non violencia de xénero.
Eles nos contaron dúas historias fermosísimas, "Rosa caramelo" e "Artur e Clementina", apoiados pola imaxen coa pizarra dixital, e de marionetas feitas polos alumno/as.
E isto é todo polo momento, pero voltaremos pronto a contarvos máis!!