(2015-2016) Abejita, Crocodilo, Beebot e Perros: estes son os nosos primeiros equipos cooperativos
Costou traballo para que todos e todas estivesemos na aula, pero por fin puidemos organizar os primeiros equipos cooperativos deste curso na nosa aula.
Cada un dos catro equipos tivo, en primeiro lugar, que debatir e poñerse dacordo en como querían chamarse.
Velaquí a decisión que tomaron:
EQUIPO "BEEBOT":
EQUIPO "ABEJITA":
EQUIPO "CROCODILO":
EQUIPO "PERROS":
Despois de escoller o seu nome, cada equipo tivo que buscar e elexir un debuxo no ordenador que os representase.
Para logo pegalo no panel do cada equipo.
Tamén tiveron que escribir o nome do seu equipo e o dos integrantes do mesmo.
Así quedarón os paneis de "auto-avaliación" de cada un dos primeriso equipos deste curso na nosa aula.
Co sitio asignado a cada un dos equipos, comezamos a facer as primeiras tarefas cooperativas..
Repartíndonos as funcións dentro do equipo anotándoas no noso libro de rexistros. Neste libro escribimos os nomes de cada un dos "reponsables" xunto á función asumida, o nome do equipo e o número do día. Ademais, unha vez rematada a tarefa avaliamos entre todos os integrantes o traballo de cada un deles, debuxando unha cara triste ou contenta.
E a auto-avaliarnos unha vez rematada a tarefa: Traballamos todos e todas? Recollemos ó rematar? Falamos para poñernos dacordo? Traballamos xuntos?... cunhas caras fomos decidindo dentro do equipo "como cremos que nos foi"
A partir de agora poderedes coñecer tódolos traballos que faremos empregando os nosos equipos cooperativos, asumindo responsabilidades, aceptando as consecuencias das decisións, pero sobre todo falando para chegar a acordos e cooperando todos nas tarefas que se nos encomenden.