(2015-2016) Escribimos unha carta á Directora do colexio
Un día pola mañá atopamos unha das persianas da nosa aula estropeada, que iamos facer agora?
Despois de establecer un diálogo e plantexar diferentes ideas, acordamos que o mellor sería avisar á Directora do colexio, que algúns non sabíamos quen era, para o que escribiríamos unha carta.
Entre todos escribimos a carta no encerado e logo, por turnos, fomos escribíndoa no papel.
Por suposto tamén asinamos todos e cada un de nós.
E como era unha "petición oficial" puxémoslle tamén o noso selo de INFANTIL 2.
Así quedou a nosa carta unha vez rematada.
Tan só quedaba metela dentro do sobre e...
... ir a levarlla á Directora, pero cando chegamos ó seu despacho descubrimos que non estaba alí, seguro que estaba dando clase. Decidimos deixarlle a carta sobre a súa mesa.
Ó día seguinte atopamos a carta no buzón da nosa aula... teríamos que ir a entregalla en man, esta vez seguro que estaba ;)
E así era, cando fomos ó despacho alí estaba Ana, a Directora do colexio, quen leu a nosa carta e nos comentou que avisaría os "obreiros" do Concello para que arranxarsen a persiana canto antes.
Agora tan só nos queda agardar a que veñan a reparala, a ver se non tardan moito ;)