(2015-2016) Colaboramos na creación do recanto dos buzóns de correo.
A semana pasada Ángela amosounos algo que formaría parte dun novo recanto da nosa aula. Tratábase dunhas caixiñas de madeira, moitas..contámolas e eran tantas como nós ou máis.
Xogamos a pensar para qué poderían servir..todos pensabamos que para gardar algo..ata que finalmente alguén dixo que para gardar cartas e así nos enteramos de que serían os buzóns individuais de cada un de nós.
Tamén xogamos a imaxinarnos que se transformaban en algo e sairon moitas ideas: sombreiro, taburete, piano,..
Fixemos agrupacións con elas, de dúas en dúas, tres en tres..
Fixemos unha torre en serie, intercalando as caixas colocadas cara un lado e cara ó outro.
Algúns compañeiros nos medimos coas caixiñas, contando cántas medíamos cada un e comprobando que os máis pequenos sempre medían unha menos como mínimo que os de 4 e os de catro media menos que os máis grandes.
E por último entre todos creamos unha escultura, colocando cada un de nós a nosa caixa ou buzón no lugar que nos apetecía para acabar formando algo conxunto.
Reflexionando sobre a qué podía corresponder esta escultura, uns víamos a unha princesa, outros unha torre, un dinosaurio,..
E por fin chegou o momento de pintar cada un o seu buzón, coa pintura de cores da que dispoñíamos: azul, verde e vermello.
Agora só nos queda terminar de fixar os buzóns no recanto e colocar a foto e o nome de cada un, para cando nos escribamos cartas. Estará ademáis o buzón de Ángela e aínda nos sobran dous, para as profes que veñen a clase que se queiran sumar.
(pendiente de foto)
Aínda que todavía non os estrenamos, sí adicamos unha sesión a facer correspondencia cos compañeiros de infantil 2, elixindo cada un a quen escribir e entregándolle a carta en man pois o seu recanto tamén se atopaba en construcción.