(2015-2016) Celebrámo-los cumpreanos do mes de setembro
Coa chegada do novo curso chegou tamén a primeira celebración dos cumpreanos do mes.
Como no curso pasado, o último venres de cada mes celebramos o aniversario dos compañeiros e compañeiras que cumpriron anos ó longo do mesmo, facendo unha tarta o xoves para poder comela nunha festa ó día seguinte.
Nesta ocasión LOIS, ÚRSULA e LARA, os homenaxeados, escolleron facer trufas de chocolate, do noso libro de receitas.
Seguindo os pasos da receita, e empregando os ingredientes que trouxeran da súa casa, tal como indicaba na súa nota, deron feito trufas para todos.
Xa estaban listas para meter no figorífico ata o día seguinte.
Cando chegou o venres, e tras cantar o "cumpreanos feliz" e "parabéns para ti", sopraon as candeas URSULA E LARA que cumplían 3 anos.
E por suposto, tamén LOIS que cumplira 4.
Encatáronnos as trufas de chocolate, tanto que algúns quixeron repetir.
Con zume, patacas fritidas e gusanitos que tamén trouxeran os homenaxeados, reamatamos a celebración cunha festa.
Eso si, xa non tivemos que tomar a merenda:)
Agora tan só nos queda agardar un mes para celebrar os cumpreanos do mes de OUTUBRO. Contarémo-los días no calendario ata que chegue ese día. Podes seguilo nos nosos calendarios online, desde aquí.