Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal
       

(2014-2015) Actividades realizadas polo E.D.L.G. durante o curso 2014-2015

 

Actividades realizadas polo E.D.L.G. no curso 2014-2015

Durante o curso pasado realizamos no centro diversas actividades dentro do proxecto para o fomento do uso do galego no centro.

As actividades están referidas ás festividades anuais que celebramos durante o periodo lectivo.

.Samaín: decoramos o centro. Os nenos e nenas decoraron cabazas e disfrazáronse para celebrar o día.

Entregamos os diplomas ás cabazas que os nenos e nenas consideran que están mellor decoradas e os mestres e mestras entregamos uns diplomas ás cabazas que nos pareceron máis orixinais por diversos motivos.

 Tamén decoramos a entrada.

 

.Magosto: neste curso o Centro de Interpretación da Arte Rupestre de Campo Lameiro, convidounos a celebrar o magosto. Preparáronnos uns talleres nos cales participamos por cursos, lemos uns poemas, cantamos cancións e ó final comemos as castañas.

 

.Nadal: neste curso como novidade celebramos o festival de Nadal dous días.Un foi para os nenos e nenas do colexio e outro foi para nais e pais, avós e avoas, amigos e amigas e para todos e todas que quixeron vir.

As fotos están na galería fotográfica.

.Día da Paz: recordamos a persoas que loitaron e loitan pola Paz:Malala. Todo o cole cantou unha canción da paz que tocaron os nenos e nenas de 5º e 6º.

.San Valentín:os nenos e nenas mandaron os seus desexos de amizade, amor e paz en follas de árbores de San Valentín.

.Entroido: aproveitando a nosa participación no salón do Libro de Pontevedra que tivo como tema:"Da ciencia á ficción" disfrazámonos acorde con este tema.

Tivemos Meco durante a semana previa para ir acondicionándonos para a festa.

e tamén tivemos degustación de produtos do entroido por parte das familias.

.Os maios e as Letras Galegas: no noso centro celebramos no mesmo día as dúas cousas.

Os nenos e nenas do centro elaboran as coplas dos maios que logo se cantan para todo o centro e tamén elaboran o maio con axuda dos mestres e mestras do centro. As nenas e nenos traen das súas casas o material necesario sen o cal non se podería elaborar o maio. 

Durante esa semana realizáronse diversas actividades nas aulas para conmemorar o día referidas ao autor homenaxeado este curso:Xosé F. Filgueira Valverde

Na aula de usos múltiples fíxose unha pequena celebración onde os nenos e nenas de infantil  e 6º cantaron unha canción; todo o centro cantamos un popurrí de cancións populares e finalmente cantamos o Himno galego que tocaron coa frauta os nenos e  nenas de 5º e 6º.

A mestra de E.F. preparou cos nenos e nenas unha escolma de xogos populares.

E a final de curso entregamos por familia unha revista do Cervo que este ano xa vai o número 19.

Vémonos o curso que vén.

Acceso rápido

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Formación do profesorado

Proxectos T.I.C. do centro

Eleccións ó Consello Escolar

Eleccións ó Consello Escolar
Infomación do proceso

Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 7 invitados conectados.