Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal
       

(2014-2015) E ademais, antes de rematar o curso, no mes de xuño...

Ademáis de participar na saída ó acuario, de atopar tesouros seguindo un mapa, de celebra-los cumpreanos, e de despedir o curso facendo pompas de xabón, tal como vos contamos nas respectivas entradas publicadas ó respecto; ó longo deste último mes de curso tamén sucedeu todo isto na aula de INFANTIL 2.

 

ENSINÁNDOLLE Ó MUNDO O QUE DESCUBRIMOS SOBRE KEITH HARING:

Despois de ter rematada a nosa investigación sobre Keith Haring, que podes voltar a ver desde aquí...

 

... xunto cos compañeiros da outra aula de infantil, decidimos contar todo o que fixeramos con imaxes e textos, para poñer no corredor, como complemento os murais da investigación que xa estaban alí expostos.

 

PREPARAMOS A NOSA APORTACIÓN Á REVISTA ESCOLAR:

Como contribución á revista escolar "O Cervo", xunto cos compañeiros e compañeiras de infantil 1, escribrimos unha reportaxe contando a visita dos avós ás nosas aulas.

 

Explicando xunto a cada unha das imaxes o que nos foran contando os avós nas distintas visitas (e que podedes ver máis polo miuido en diferentes entradas publicadas no recanto de infantil anteriormente).

 

Podes ver como quedou a nosa reportaxe, así como outros traballos feitos desde infantil para a revista escolar "O Cervo",  facendo click sobre a súa portada, ou nas ligazóns seguintes.

Reportaxe dos avós | somos os de 3 anos | anuncio da película "O mapache tolo"

Un día antes de rematar o curso entregáronnos a revista en papel, onde xunto cun DVD que tamén incluía a nosa película "O Mapache tolo", estaba esta reportaxe sobre a visita dos avós.

 

ÚLTIMOS DÍAS DE TRABALLO NO PAVILLÓN:

Nestas últimas semanas continuamos a desenvolver a nosa psicomotricidade con diferentes xogos no pavillón e no patio do centro.

 

Percorrendo un circuito de conos, con diferentes vehículos, obxectos e posicións. De xeito que tivemos que coordinar os nosos movementos e relacionalos cos dos demáis.

 

Por equipos organizamos xogos explorando libremente o material, acordando normas de funcionamento e asumindo o compromiso de recoller o rematar ou cambiar de material, de xeito acordado dentro dos equipos.

 

E participamos en xogos en gran grupo, respectando as quendas e as normas acordadas.

 

FACÉMO-LO BOLETÍN DE AUTO-AVALIACIÓN: "AS NOVAS DA ESCOLA"

Neste último trimestre tamén completamos o noso boletín de autoavaliación "As novas da escola", no que contamos ás nosas familias algúns dos feitos que tiveron lugar na nosa aula nestes últimos meses.

Nunha das partes cada quen escolleu os seus dous libros favoritos, de todos os que levou para casa, ó longo deste curso da nosa biblioteca de aula. Empregando a aplicación que usamos para facer o préstamo (que podes atopar no recanto de infantil), imprimiron as portadas dos dous libros en cuestión.

 

Para posteriomente poder pegalas no apartado correspondente do boletín, escribir o seu número e contar no libro de rexistro individual, o número de veces que levou ese libro para casa.

 

Podes ver un exemplo do boletín "As novas da escola" deste terceiro trimestre, e a folla interior elaborada polo mestre, facendo click nas seguintes imaxes.

    

 

 

NOVOS RETOS MATEMÁTICOS:

Adicamos tamén algún tempo a tentar resolver retos matemáticos, como completar as bolas que faltaban en cada unha das cordas... calculando cantas precisábamos ou sobraban.

 

Ou calculando a cantidade de cartos que "xuntamos" para a nosa excursión... clasificándoos por cantidades. Sorpendeunos que un billete de papel de "20" valese máis que 10 moedas.

 

Empregando a calculadora fixemos os cálculos para descubrir "cantos cartos xuntaramos para pagar as entradas da excursión ó acuario e parque de bolas".

 

CREANDO INSTRUMENTOS CON MATERIAL DE REFUGALLO: 

Na aula de música, coa profe Merce, construímos instrumentos con material de refugallo que trouxemos das nosas casas. Agora que remataba o curso chegou o momento de ir a buscalos e levalos para casa.

 

FACEMOS UN MARCO PARA OS NOVOS COMPAÑEIROS E COMPAÑEIRAS DA "GALIÑA AZUL".

Con anterioridade á visita dos novos compañeiros e compañeiras de 3 anos o vindeiro curso, que veñen da Escola Infantil "A galiña azul", organizamos a visita coñecendo por fotografías ós nenos e nenas e, "apadriñando" un deles por equipo cooperativo.

 

Con anacos de tea cada equipo creou un marco no que, o día da visita, pegarían xunto co neno "apadriñado" a fotografía de grupo.

Lembra que xa vos contamos nunha entrada anterior como nos foi nesta visita dos nenos e nenas da Galiña azul, podes lela de novo desde aquí.

 

PREPARAMOS A VISITA Ó ACUARIO DESCUBRINDO PEIXES E "BUCEANDO POLO FONDO DO MAR". 

Para preparar a nosa visita ó Acuario, que xa vos contamos noutra entrada anterior, e que podes ver desde aqui, visionamos algúns vídeos que se atopaban no apartado correspondente do noso recanto de infantil.

 

Tamén visitamos a páxina web o Acuario do Grove, no que saían tódalas especies mariñas que poderíamos ver nel. Partindo desta información plantexamos que podíamos facer unha foto "con efectos especiais", na que parecese que estabamos no acuario ou debaixo do mar, cos animais mariños que escollera cada equipo.

O primeiro, como sempre, foi acordar e organizar as responsabilidades de cada un dos integrantes dentro de cada equipo.

 

Cada un deles tiña que "elexir" ata 4 animais de auga doce, cálida ou fría, que era como estaban clasificados na web do Acuario. 

 

Unha vez a decsión era acordada en cada equipo, tan só había que ir anontando o nome de cada peixe na celda correspondente.

 

Coa lista escrita tan só quedaba imprimilas.

 

Para logo recortalas entre tódolos integrantes do equipo.

 

Empregando o croma verde, que usaramos para a nosa película "O Mapache Tolo", cada equipo foi decidindo como pegalas de xeito que parecese, "cos efectos especiais" que estaban a nadar debaixo da auga.

Así quedaron os diferentes equipos debaixo da auga, cos seus animais mariños preferidos.

 

EQUIPO NINJA:

 

EQUIPO POU:

 

EQUIPO PATRULLA CANINA:

 

EQUIPO LOBO:

 

Tamén creamos "debuxos mariños" empregando témpera, mesturando azul e branco para acadar a cor azul clara.

 

Estes debuxos serviríannos de portada para os traballos deste trimestre.

 

 

 

RECOLLEMOS OS NOSOS TRABALLOS PARA LEVAR PARA CASA:

Tan só quedaba meter na carpeta tódolos traballos deste trimestre para poder comentalos coas nosas familias na casa. Eran unha chea porque tamén levamos o rexistro de libros da biblioteca de aula, o noso diccionario persoal, e os dossieres de investigación de Chaplin, da creación da película e de Keith Haring.

Acceso rápido

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Formación do profesorado

Proxectos T.I.C. do centro

Eleccións ó Consello Escolar

Eleccións ó Consello Escolar
Infomación do proceso

Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 4 invitados conectados.