Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal
       

(2014-2015) Atopamos uns tesouros seguindo as pistas dun mapa

Como en cursos anteriores, nun dos últimos días de curso fixemos unha búsqueda do tesouro.

Nesta ocasión tiñamos que seguir as instruccións dun mapa percorrendo diferentes lugares do colexio, orientándonos e idenficando as diferentes iconas e dependencia, ata atopar a última pista.

Podes descargar os mapas, pegatinas e todo o material para este xogo de pistas  NESTA CARPETA COMPARTIDA en google drive

Organizámonos en tres equipos, idenficados polas seguintes cores e figuras de Keith Haring (que estiveramos investigando nas últimas semanas, e do que podes atopar máis información en entradas anteriores dos blogues de infantil 1 e 2).

 

Como nos gusta chamalo: "O LOBO DJ" ;) 

 

EQUIPO VERMELLO:

A profe Loli foi a acompañante do equipo vermello quenes deron completado o todo mapa sen problemas.

 

Para elo tiveron que ir seguindo o mapa buscando as pegatinas da súa cor, nos diferentes lugares que nel se indicaba.

 

Cada pegatina había que pegala no lugar do mapa que correspondía.

 

Eso si, todos e todas as integrantes do equipo tiñan que pegar alomenos unha das pegatinas, para o que había que poñerse dacordo.

 

Para atopar algunhas houbo que debatir sobre "onde nos atopabamos no mapa e cara onde había que ir".

 

Traballando todos xuntos, atoparon a súa parte da pista final e chegaron á última etapa do mapa, as aulas de infantil.

 

 

EQUIPO AZUL:

O equipo azul tamén deu conta do reto, nesta ocasión acompañado polo profe Óscar.

 

Foron recorrendo as diferentes dependencias do colexio seguindo o mapa, e buscando as pegatinas da súa cor.

 

Algunhas ata estaban debaixo de árbores.

 

E outras debaixo de columpios, moi ben escondidiñas ;)

 

Antes de comezar, o equipo acordara unha orde para que todos e todas puidesen pegar unha pegatina, tal como indicaban as normas do xogo.

 

E así foron dando con tódalas pegatinas e a súa parte da pista final, coa que voltaron ás aulas de infantil xunto cos outros dous equipos, a medida que ían rematando.

 

 

EQUIPO AMARELO:

O equipo amarelo, que estivo capitaneado pola profe Ángela, tamén atopou tódalas pegatinas dos diferentes lugares que indicaba o mapa.

 

Acordaron unha orde para que todos fosen pegando as pegatinas, alomenos unha cada un.

 

E deron atopado tódalas pegatinas moi axiña, interpretando e debatindo sobre o que significaba cada icona do mapa, e cara onde había que dirixirse.

 

Cando atopaban o sobre coa súa cor, tan só tiñan que sacar a pegatina de dentro e pegala no lugar correspondente.

 

Algunhas delas estaban pegadas ata nas árbores.

 

Outras atopábanse máis doadamente en diferentes lugares dentro e fora do edificio do colexio.

  

 

Ó igual que os outros dous equipos, na última das etapas atoparon un anaco da pista final e, con ela la man, encamiñáronse ás aulas de Educación Infantil, tal como estaba escrito no sobre. 

 

DESCUBRIMOS ONDE ESTABAN OS TESOUROS LENDO A PISTA:

Cada un dos equipos foi pegando o seu anaco de pista na cor correspondente e agora, xa todas xuntas, si podíamos lela e descubrir onde se atopaban os tesouros.

Todos xuntos descubrimos que non se trataba dun premio, senón de dous!!, e que un deles estaba debaixo da escaleira.

 

Cando abrimos o paquete descubrimos que dentro tiña un pequeno monicreque para cada un de nós.

 

Erán diferentes animais: porcos, vacas, ourizos cachos.... había todo.

 

O segundo premio, atopábase no conxelador da sala de profes.

Eran xeados!!. Pero como aínda non estaban ben conxelados, tivemos que agardar ata o día seguinte, cando celebraríamos os útimos cumpreanos do curso (que vos contaremos noutra entrada), para poder comelos.

 

Estaban deliciosos ;) e puidemos rematalos no patio.

 

Tan só quedaba un día de colexio antes das vacacións, pero aínda restaban outras grandes sorpresas nas que participar: celebrar os cumpreanos do mes de xuño e o verán, facer pompas de xabón e participar nos actos de despedida de curso organizados no centro.

Moi pronto poderedes lelas nas respectivas entradas do recanto de infantil, non as perdades!.

Acceso rápido

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Formación do profesorado

Proxectos T.I.C. do centro

Eleccións ó Consello Escolar

Eleccións ó Consello Escolar
Infomación do proceso

Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 10 invitados conectados.