Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal
       

(2014-2015) Jorge, Nayra e Lois preséntannos ós seus avós

Esta semana tamén nos visitaron algúns avós e avoas.

O martes achegouse á escola a avoa de Jorge, que se chama Susa. Jorge estaba encantado e recordoulle que nos tiña que cantar unha nana que ela canta moi ben e así o fixo.

Os compañeiros de primeiro, Diego e David achegáronse a facerlle algunha preguntiña para a súa enquisa.

   

 

Ademáis Susa contounos cousas da súa infancia, de que tiña que camiñar moito para ir á escola. 

Fixémoslle algunha preguntiña e logo algún compañeiro quixo recitarlle algunha das poesías que recitamos na carballeira e cantarlle as nosas coplas.

   

Ensinounos algunha foto que trouxo e tamén nos axudou a pintar o muro de fóra que está na entrada.

 

Na despedida démoslle o noso agasallo onde terá de recordo a nosa foto de grupo.

     

     

 

O mércores visitáronnos os avós de Lois, que viñan desde Vigo para pasar un ratiño con nós. Carlos e Marina.

Carlos encargouse de contarnos e amosarnos algunhas cousas. Comezou ensinándonos un instrumento que fixera él, unha frauta feita cunha cana, e deixounos outra para facer nós na clase.

  

e outro que fixo alí mesmo, que se chama bubucela cunha botella de prástico, un globo e un trozo de cana.Estabamos todos moi atentos para logo tentar facelo na clase. Soaba igual que os que se levan aos partidos de futbol para facer un pouco de ruido e dar ambiente.

Tamén trouxo un trompo e ademáis de tiralo vimos abraiados cómo o recollía na palma da man e o trompo seguía xirando.

Eses eran, díxonos, os seus xoguetes e xogos preferidos cando era un neno.

Ademáis contounos que eles viven en Vigo e que traía nun pen drive unha presentación  con fotografías da súa cidade cando él era pequeno, e na actualidade, transcurrido xa un tempo, e sí que había diferencia do Vigo de antes ao de agora. Como estaban no pen drive, puidemos miralas na pantaña dixital.

Tamén nos ensinou cómo eran as clases das escolas antes, os libros e algún que outro traballiño que facían.

Ademáis dalgúns barcos da época e outros máis modernos, como un cruceiro.

O pasamos todos moi ben e de recordo fixemos a foto de grupo.

    

e Lois entregoulle o agasallo.

 

E o venres visitounos Mari, a avoa de Nayra, que traía nunha bolsiña moitas cousiñas.

Pero o primeiro de todo foron unhas adiviñas que preparou na casa con Nayra e que entre as dúas ilustraron.

Estivemos todos moi acertados coa maioría!

Ademáis amosounos un farolillo, e un quinqué moi moi antigos, que ás veces aínda utilizan.

Explicounos o seu funcionamento.

E tamén trouxo un molinillo de café e granos de café que nós mesmo puidemos moer ó finalizar as súas explicacións.

  

   

Mari ensinounos cómo eran os libros cos que ela estudiaba e contounos que ela tamén estudiou no noso cole e que o estrenou xa que o acababan de construir.

Trouxo moitas fotos de Suiza xa que estivo alí de vacacións, e lle gustou moito ademáis de que sabía que nos podería interesar xa que Chaplin viviu alí e alí está enterrado. Fotos das casas, os campos e algunhas esculturas de vacas cos seus cencerros.

Tamén nos contou algunha anécdota, como por exemplo que lle gustaba moito subir ao tellado da casa e as árbores e sempre andaba magullada polas caídas. 

Tivemos a sorte de poder coñecer tamén á bisavoa de Nayra, que se atopa preto e no medio da visita puido achegarse xunto coa nai de Nayra.

E para rematar Mari fixo actuar ós profes Óscar e Ángela así como a Nayra cun pequeno guión feito por ela e Nayra, no que os profes facían de doutor e enfermeira e Nayra de nai dun bebé que estaba enfermiño.

O pasamos todos xenial e como remate Mari repartiu chocolatinas e caramelos entre todos. Moitas gracias Mari!

Foi un placer tervos nas nosas aulas!!


 

Acceso rápido

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Formación do profesorado

Proxectos T.I.C. do centro

Eleccións ó Consello Escolar

Eleccións ó Consello Escolar
Infomación do proceso

Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 9 invitados conectados.