Xa podes ver a nosa película "O Mapache tolo". Así a presentamos ós nosos compañeiros.
Por fin chegou o gran momento, tras presentar a nosa película ós compañeiros e compañeiras do colexio (do que vos falaremos de seguido), xa podedes ver na web a nosa película "O MAPACHE TOLO". Agardamos que vos guste.
Podes facernos chegar os teus comentarios ó noso correo infantilcampolameiro@gmail.com.
Lembra que este vídeo tamén o podes atopar na videoteca desta web no apartado "as nosas creacións" e no blog de infantil no apartado de "videos>Chaplin"
PRESENTAMOS A PELÍCULA ÓS NOSOS COMPAÑEIROS E COMPAÑEIRIAS:
Podes coñecer o proceso de investigación nos recantos de Infantil 1 e Infantil 2, nas diferentes entradas, e proceso de creación desta película nas seguintes publicacions:
20/04/15: (2014-2015) Preparámo-la rodaxe da nosa película "como as de Chaplin"
01/05/15: (2014-2015) Rematando a post-producción da película. Queres ver o trailer?
16/05/15 Presentamos a película "O Mapache tolo" ás nosas familias
Tan só nos quedaba presentar a nosa película ós compañeiras e compañeiros de todo o centro. O primeiro foi preparar as invitacións, calculando cantas iamos precisar para levarlle unha a cada curso e mestre que ven á nosa clase. Ademais de debatir como poderíamos facer para repartir "flocos de millo" a todos e todas o día da proxección.
Por equipos completamos os datos da invitación: a data, hora e lugar da proxección da película "O Mapache Tolo"
Coas invitacións rematadas dirixímonos ás diferentes aulas para entregarllas, pero antes acordamos quen, dos integrantes do cada equipo, falaría para explicalo.
Tamén llas fomos repartindo ós mestres que veñen á nosa aula.
En cada aula fomos explicándolles para que lles traíamos a invitación.
Cando chegou día da proxección, o venres 22 de maio, que xa tiñamos marcado no noso calendario, tivemos que organizar o reparto dos flocos de millo entre os 100 compeñeiros e compañeiras do colexio. Na aula tiñamos unha chea deles.
Por equipos fomos "embolsando" tantas "racións" de flocos de millo como invitados habería na nosa proxección.
De cando en vez fómolos contando para comprobar que habería un para cada un.
Aproveitando que ese día tamén estaba na aula a avoa de YESSICA (nunha tarefa que xa vos estamos contandos en outras entradas), pedímoslle que nos axudase a rematar o traballo.
Antes de proxectar a película, e seguindo o mesmo "guión" da presentación acordad para os nosos pais e nais (que xa vos contamos noutra entrada anterior), presentamos o trailer da película.
Posteriormente os "mestres de ceremonias", a directora e un dos guionistas, foron presentando un por un os membros do equipo de rodaxe e os seus postos. Podes ver a presentación empregada durante a presentación do equipo de rodaxe ó final desta entrada como un arquivo adxunto (en versión pdf)
O público estaba moi emocionado e atento mentras se foi proxectando a nosa película.
Escoitamos moitas risas e cremos que o pasaron xenial e que lles gustou moito.
Ó rematar o equipo de rodaxe recibiu as felicitacións dos compañeiros e compañeiras polo seu gran traballo.
Noraboa a todos e todas !!!
Adxunto | Tamaño |
---|---|
presentacion_equipo.pdf | 1.93 MB |