Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal
       

LECTURAS DE FAMILIARES E AMIGOS DOS NENOS E NENAS DA ESCOLA ( 22/5/15)

Para a conmemoración do día do Libro na semana do 20 ao 24 de abril, na nosa biblioteca escolar, fixemos como vos comentamos en unha entrada anterior, varias actividades, unha de elas, como xa vístedes foi a de " Lecturas na Carballeira" e o " Rastro de vellos libros" que tivo moito éxito xa que supuxo sacar a lectura ó entorno e onde participaron moitos familiares e veciños do alumnado da nosa escola.

Pois ben, como " regalo" logo, nós tamén recibimos as lecturas na escola de persoas que nos quixeron acompañar nunha data tan especial e singular para a nosa biblioteca o día 23 de abril.

Así, familiares e veciños acudiron á nosa biblioteca a lernos contos, poemas e historias varias que lles pareceron interesantes para compartir. Foi unha actividade preciosa onde, a biblio se convirtiu nun espazo de intercambio. Dende logo, a experiencia valeu a pena, dado que, nos encanta que nos visitedes.

Aquí quedan algunhas imaxes de este acto:

Aquí temos a Rosa María, mamá de Raúl e Martín Lesta que comparteu con nós un libro de contos en 3D fantástico. Rímonos moito!!!

A mamá de Álvaro de Educación Infantil tamén nos contou unha fantástica historia sobre piratas.

Aroa de 4º curso, e a súa nai, leronnos unha simpática historia sobre unha nena á que se lle cae un dente e a visita o Rato Pérez...bordárona!!! 

E, tamén compartindo histórias temos a Sofía e súa mamá Carmen que nos leeron un conto estupendo sobre os valores, titulado "Doña Loba".

No medio do acto, detivémonos para escoitar a Laura e Emilio que, foran entrevistados na radio nesta data tan especial e nos falaron sobre os seus gustos lectores. Aquí estamos, todos atentos...pobre brazo da nosa directora, Ana, que aguantou un bo anaco do altavoz...e todos caladiños...!!!!

Continuamos para peche coas lecturas de Eladio que elixiu a algún autor galego para ilustrarnos en este caso, " Memorias de un neno labrego".

E, por último a tía de Emilio , leeunos poesía de Becquer...un clásico importante para ser recuperado nas nosas escolas, non? A poesía trasládanos ás emocións, ós soños e a palabras que soan moi ben....

Finalizamos o acto, agradecéndolles a todos e todas a súa participación.

Repetiremos, asi que...non vos vaiades moi lonxe...!!!!Sorinte

Acceso rápido

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Formación do profesorado

Proxectos T.I.C. do centro

Eleccións ó Consello Escolar

Eleccións ó Consello Escolar
Infomación do proceso

Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 9 invitados conectados.