(2008-2009) DESCUBRIMOS FROITAS E FACEMOS ZUMES
No mes de marzo estivemos traballando coas froitas, algunhas coñecidas por todos e outras non tanto ....
Escribimos os seus nomes, xogamos coas palabras (a clasificalas polo comezo e remate, por longas e curtas, polo númro de letras), pintamos froitas con témperas, as fotografiamos, as probamos, e nos quedou bastante claro que nin o tomate nin a pataca son froitas, cousa na que coincidíamos bastantes nenos.
Tamén xogamos coas froitas, as súas cores, tamaños, texturas, a comparalas, clasificalas pola forma, monda; as describimos, xogamos a adiviñar polo sabor, e polo tacto.
Probamos moitas froitas pero o plátano, a fresa e o kiwi foron todo un éxito.l
E por suposto cheirar a cáscara de limón, non tanto probar o limón que estaba moi amargo.
Cando tiñamos nas mans o coco vimos que algo soaba dentro e decidimos averigualo.
A profe fixo un burato pequeniño e empezou a sair auga, así un bo rato, en total sacamos un vaso e medio.
Antes de rematar o trimestre e comezar a Semana Santa, decidimos que podíamos facer zumes.
Cada neno elixiu a froita que quería probar en zume, a trouxo de casa, e xa todos xuntos (cos nenos e nenas de 4 e 5 anos) comezamos a experiencia.
Nos organizamos por equipos, en función da froita que trouxemos; peras, mazás, laranxas, kiwis, limóns, melocotón e mandarina.
Os profes trouxeron piña, melón e sandía tamén.
Lavamos ben as mans e a comezar!!
O equipo das mazás, troceando, con coitelos de plástico (para non cortarnos).
O equipo dos kiwis.
Xa temos case todas as froitas troceadas.
Así que nos sentamos atentos co noso vaso e a nosa palliña a agardar o noso turno para usar a licuadora e facer o noso zume.
E mans a obra!!